A Concellería de Medio Ambiente de Vigo, como todos os anos, adhirese á campaña da Convención de Ramsar da Unesco a prol das zonas húmidas de todo o planeta, que neste ano ten o lema “Pola restauración dos humidais” (ver infomación de campaña AQUI). Nesta edición está previsto realizar unha ampla programación a carón do Humidal da Bouza.
Por unha banda o propio Día Mundial dos Humidais, 2 de febreiro, terá lugar unha acción divulgativa con centros educativos da contorna do humidal da Bouza, na que se dará a coñecer este ecosistema ao alumnado participante e realizaranse actividades interpretativas.
Por outra banda, o domingo 5 de febreiro realizaranse actividades para a cidadanía en xeral segundo o programa que se achega e que se resume nun percorrido polos humidais do Río Lagares e A Bouza, así como unha programación de actividades para as familias.
A inscrición terá lugar no 010 (986810260 dende móbil) ata o venres 3 de febreiro.
Punto de encontro: Entrada ao Parque da Bouza por Rúa Padre Seixas (Google Maps)
Percorrido medioambiental polos humidais de Río Lagares e A Bouza.
Darase a coñecer que no termo municipal de Vigo cóntase cunha extensión de humedais que alcanza 314.000 m2, destacando en augas doces A Bouza, Goberna, Muíños, O Bao, Fontes-Pertegueiras e Barreiro, e en augas salobres a Xunqueira do Lagares.
Na presente edición, abordaránse os humidais que se están rexenerando, en particular, o humidal da Bouza. Verase como, neste caso, combínase un espazo lúdico para a cidadanía viguesa, cun espazo que alberga a reserva dunha variada flora e fauna. Poranse de manifesto os problemas derivados de plantas invasoras (p.e: tradescantia) que están a facer estragos no citado humidal. Tamén se abordará como un humidal ten vida propia e vai alterando o seu curso por causas naturais e pola intervención humana.
Para participar nesta actividade é preciso inscribirse no 010 (986810260 dende móbil) ata o 3 de febreiro.
O punto de encontro para coller o autobús ata a Xunqueira do Lagares será na Rúa Padre Seixas, diante do humidal da Bouza.
Dende a Xunqueira do Lagares realizarase un percorrido interpretado deténdose tamén nos humidais de Muiños e de Goberna, para rematar no humidl da Bouza.