Este venres 28 de abril, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou o VIII Dia dos Montes de Vigo, acompañado da Concelleira de Medio Ambiente e a representante de Vegalsa-Eroski, como entidade patrocinadora. Esta proposta, que forma parte do programa municipal de educación medioambiental Camiño a Camiño, terá lugar o domingo 14de maio pola mañá no Parque Forestal de Beade.
Dende o martes 2 de maio ata o venres 12 de maio, as 14 horas, está aberto o prazo para a inscrición no 010 (986810260 dende móbil) en unha das andainas previstas adaptadas as características de todos os públicos.
Alcalde de Vigo coa Concelleira de Medio Ambiente e representante de Eroski-Vegalsa.
O Alcalde salientou que esta VIIIª edición do Día dos Montes de Vigo pretende dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade. Tamén incidiu o Alcalde en que vai ser unha xornada de "encontro dos vigueses e viguesas no entorno natural que nos brindan os nosos montes".
Graciela González, directora de responsabilidade social corporativa de Vegalsa-Eroski definiu o Día dos Montes de Vigo e o programa Camiño a Camiño como unha iniciativa única en Galicia na que miles de cidadáns e cidadás de todas as idades teñen a posibilidade de coñecer o seu entorno e así concienciarse da importancia da súa conservación.
O punto de encontro das actividades será o Parque Forestal de Beade (ver GOOGLE MAPS), partindo dende este punto todas as rutas e naquelas de maior distancia empregarase un autobús lanzadeira que trasladará aos participantes ao punto de partida no Parque Forestal de Zamáns. Por este motivo é necesario que a xente se apunte no 010 dado que hai prazas limitadas.
Tamén destacou que se despregará un dispositivo de voluntariado de Montes de Vigo ao longo do percorrido. Tamén contarase coa colaboración de Protección Civil. "Pretendemos que sexa unha actividade deportiva e lúdica no que a xente se sinta acompañada e poña en valor o noso patrimonio natural".
Inscrición: Aqueles/as interesados en participar no VIII Día dos montes de Vigo pódense inscribir ata o 12 de maio ao mediodía tanto no 010 (986 81 02 60 dende móbil).
No caso de que o día 14 de maio haxa prazas dispoñibles, poderase facer inscrición no Parque Forestal de Beade ata media hora antes do inicio da actividade.
Lugar de encontro: Parque forestal de Beade (localización Google Maps), próximo ao Campus Universitario de Lagoas-Marcosende.
Recollida de tarxeta de participación: previo ao inicio das actividades, as persoas inscritas recollerana na carpa de organización. A participación é gratuíta. No caso da Andaina que se inicia no Parque Forestal de Zamáns dará dereito ao acceso ao autobús lanzadeira ata o inicio de actividade. No resto de actividades será solicitada ao principio das mesmas.
Agasallo a participantes: kit de abastecemento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski, xunto con entrega de camiseta recordatoria. Entregaranse no momento de solicitude da tarxeta de participación.
Inicio de actividade: segundo horario previsto na programación que se atopa na web caminoacaminovigo.org (PREMER AQUI), sendo preciso estar rexistrado media hora antes.
Recomendacións: Roupa cómoda e calzado axeitado para monte, hidratación constante, respecto ás indicacións da organización, coidado do entorno empregando os contenedores habilitados e respectando a flora e fauna que se atope.
Máis información: info@caminoacaminovigo.org | whatsapp 662 23 10 23 | caminoacaminovigo.org