Como todos os anos, en outubro arranca a programación de outono de Camiño a Camiño, con percorridos medioambientais, hortas urbanas e voluntariado medioambiental.
A presentación terá lugar o vindeiro 28 de setembro, no que se detallarán tanto as visitas a experiencias sobre o terreo de productos de proximidade como os percorridos medioambientais a carón da botánica. Tamén se dará conta das actividades de hortas urbanas e voluntariado, así como os mecanismos de acceso á participación a elas.