A terceira etapa de percorridos medioambientais da tempada de outono'26 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo tivo lugar na Serra da Paralaia (Morrazo).
 |
| Circulando polas corredoiras camiño de Ermelo |
Nesta ocasión achegámonos aos miradoiros situados na serra da Paralaia, que conecta Marín, Moaña e Bueu, e que supostamente permite contemplar as cinco rías, pero que hoxe simplemente nos quedamos coas ganas. A modo de consolación quedamos en publicar as fotos feitas na preparación dende o mirador do Monte Paralaia.
Polo camiño poidose comprobar como os camiños e corredoiras confluían ao antigo mosteiro de Ermelo, auténtico "berce do morrazo" en verbas dos entendidos, así como se combinan carballeiras e soutos de auténtico encanto con caóticas plantacións de eucaliptos, e como os bolos símbolo do paso dos milenios por estas terras coroan as cimas.
Finalizou o percorrido co tránsito por Ermelo, un pobo curioso en Cela-Bueu, que resulta que ten unha longa historia que arranca cos suevos e co monacato alí dende o século VI ata a desamortización e que durante moito tempo foi o fel reflexo da historia de Galicia, con contruccións prerrománicas, románicas (a igrexa foi reconstruída por Xelmirez despois de ser arrasada polos normandos) e góticas, así como un centro de poder con influencia por todo o Morrazo ata que finalmente pasou a depender do Mosteiro de Poio.
 |
| Participantes a carón da Igrexa de Ermelo |
 |
| Cruz de Santiago de Ermelo |
Máis información dos contidos da ruta
AQUI.
 |
| As teas de arañas, gran protagonistas da ruta |
 |
A auga e o verdor, outros grandes protagonistas
|
 |
| Tamén a natureza coas súas formas caprichosas |
 |
| E como non os bosques autóctonos |