A programación de Percorridos Medioambientais de Outono 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo prosigue o 25 de outubro coa Ruta por Soutomaior-Redondela, pasando pola Ermida da Peneda. As inscricións principian o luns 19 de outubro no 010
![]() |
| Vista panorámica da desembocadora do Verdugo e da Peneda dende Vilaboa |
MIRADOIROS DE SOUTOMAIOR-REDONDELA (25/10/26)
Os percorridos ambientais da outono de 2026 proseguen polos miradoiros naturais de Soutomaior e Redondela. A intención é contemplar a riqueza natural e paisaxística da área metropolitana de Vigo.
Na quinta etapa, o domingo 25 de outubro, realizarase dende as proximidade do miradoiro de Outeiro Grande, subindo logo á Ermida de A Peneda, para logo baixar ata Arcade pola beira do Verdugo.
Cómpre sinalar que o percorrido de preto de 10 km presenta unha dificultade media, se ben cunha as correspondente ascensións aos miradoiros
Inscrición gratuíta
- Dende luns 19 de outubro, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010, agás unidades familiares con máis dun fillo.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
![]() |
| Vistas dende Outeiro Grande |
Datos do percorrido
✔ Domingo 25 de outubro
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)
👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 15:00 (aprox)
🏃 Ruta: 10 km | Dificultade media (atendendo ao público de Camiño a Camiño)


