Miradoiros de Vigo (12/4/26): programa

A programación de Participación Ambiental de Primavera 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo arranca despois de Semana Santa con actividades nas hortas urbanas, con voluntariado medioambiental e con percorridos polo sur de Pontevedra. Toda a programación AQUÍ


RUTA 1 – MIRADOIROS DE VIGO (12/4/26)

Os percorridos ambientais da primavera de 2026 van achegarse aos miradoiros naturais do sur de Pontevedra, empezando por algúns dos localizados nos montes de Vigo. A intención é contemplar a riqueza natural e paisaxística da área metropolitana de Vigo.

Na primeira etapa, o domingo 12 de abril, realizarase a travesía dende o Miradoiro do Parque Forestal do Maruxento (Matamá), pasando polo Maúxo Grande (Coruxo) para rematar no Alto da Bandeira (Saiáns). Aparte de contemplar vistas panorámicas de Vigo e da súa ría, pasarase por lugares singulares como as Covas do Folón e enclaves curiosos de Comesaña.

Cómpre advertir que o percorrido de preto de 11km presenta unha dificultade media-alta dado o desnivel existente (ver alzado)

Inscrición gratuíta

- Dende luns 6 de abril, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010 (986810260 dende móbil), agás unidades familiares con máis dun fillo.

No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

Datos do percorrido

Domingo 12 de abril

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 14:00 (aprox)

🏃 Distancia: 10,8 km | Dificultade media-alta (atendendo ao público de Camiño a Camiño)

       Percorrido opcional curto: 9:5 km | Dificultade media

👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta.

🗾 Trazado e alzado: 


Nombre

Avisos,9,Fotos,110,Novas,268,Programación,1,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2026: Miradoiros de Vigo (12/4/26): programa
Miradoiros de Vigo (12/4/26): programa
Percorridos medioambientais de primavera 2026: R01 - Miradoiros de Vigo. Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEghcyydReZ_CrEpv-zraNJ1rqErhiOGVX1yC9i6kdxrpRz0MRpvJkU0BytPPjcqTc5pj-SHHPBraiSbfetqDDn-ykPVKyJurDT9QD3l2f-4_h4Qx4wLGF4GWBmD2WwTh6MN_dDpzjpOIo4sehnHVhWrRhmFRMKOv-dSI4SFKIdwNkmvswJWDtmJfJerYtnh/w640-h120/2026-03-30%20R01a%20Vigo%20-%20pan-1.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEghcyydReZ_CrEpv-zraNJ1rqErhiOGVX1yC9i6kdxrpRz0MRpvJkU0BytPPjcqTc5pj-SHHPBraiSbfetqDDn-ykPVKyJurDT9QD3l2f-4_h4Qx4wLGF4GWBmD2WwTh6MN_dDpzjpOIo4sehnHVhWrRhmFRMKOv-dSI4SFKIdwNkmvswJWDtmJfJerYtnh/s72-w640-c-h120/2026-03-30%20R01a%20Vigo%20-%20pan-1.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2026
http://www.caminoacaminovigo.org/2026/04/R01-Miradoiros-Vigo.html
http://www.caminoacaminovigo.org/
http://www.caminoacaminovigo.org/
http://www.caminoacaminovigo.org/2026/04/R01-Miradoiros-Vigo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar