Miradoiros de Gondomar-Tomiño (3/5/26): programa

 A programación de Participación Ambiental de Primavera 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo prosigue a semana do 27 con actividades nas hortas urbanas, con voluntariado medioambiental e con percorridos polo sur de Pontevedra. Toda a programación AQUÍ

Destacar que o percorrido medioambiental desta semana achegarase a dous miradoiros emblemáticos: o Alto de San Antoniño (Gondomar) e o Alto de Monte Tetón (Tomiño). Tamén é destacado o Ecoparque xeolóxico de Monte Tetón

Miradoiro de San Antoniño

RUTA 4 – MIRADOIROS DE GONDOMAR-TOMIÑO (3/5/26)

Os percorridos ambientais da primavera de 2026 prosiguen cos miradoiros naturais do sur de Pontevedra, nesta etapa achegándonos ao Alto de San Antoniño, onde atoparemos o miradoiro cara o Val do Miñor. Logo dirixirémonos ao Alto de Monte Tetón, con vistas cara Serra de Argallo e a Serra do Groba. Para rematar pasaremos polo Ecoparque arqueolóxico de Monte Tetón, particularmente polo famoso petroglifo de As Portaxes.

Cómpre advertir que haberá dous percorridos: un longo de 11,4 km -arranca dende o aparcamento do Monte Aloia- e un curto de 6,8 km -arranca dende San Antoniño-.

IMPORTANTE LEVAR BASTÓNS dada a importante desnivel do percorrido.

Inscrición gratuíta

- Dende luns 27 de abril, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. 

Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o martes a partir das 15 horas (por ser o venres festivo). Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010, agás unidades familiares con máis dun fillo.

No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do xoves as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

Datos do percorrido

 Domingo 3 de maio

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 14:00-14:30 (aprox)

🏃 Percorrido longo: 11,4 km | Dificultade media-alta (atendendo ao público de Camiño a Camiño)

🏃 Percorrido curto: 6,8 km | Dificultade media (atendendo ao público de Camiño a Camiño)

👉 Recomendación: levar bastóns, botas que soporten auga e capa (no caso de previsión de choiva), así como auga para hidratarse en ruta.

🗾 Trazado e alzado percorrido curto (azul) e longo (vermello+azul): 

Alzado percorrido curto:

Alzado percorrido longo:



Nombre

Avisos,9,Fotos,113,Novas,273,Programación,1,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2026: Miradoiros de Gondomar-Tomiño (3/5/26): programa
Miradoiros de Gondomar-Tomiño (3/5/26): programa
Percorridos medioambientais de primavera 2026: R04 - Miradoiros Gondomar-Tomiño. Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEipvlgVG4CeGxaFNMugUd8bKF8diz2pcQGK_uJr1W7b0Z5QMp81yOy1AbKM5KfKeLdJXlIXGpCDqTHzOG7YBYf5XE1F4GToQXWFqnNp8IWbJa3THWVbR7MGEeFaEo3XeCGFlNfUSplXunJGll4_OxjxFzJlcFaFJ4Bz5IoVHqczPf6sh3nhU-nk7LgGmryN/w640-h426/2026-04-20%20R04%20Gondomar-Tomii%C3%B1o-25.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEipvlgVG4CeGxaFNMugUd8bKF8diz2pcQGK_uJr1W7b0Z5QMp81yOy1AbKM5KfKeLdJXlIXGpCDqTHzOG7YBYf5XE1F4GToQXWFqnNp8IWbJa3THWVbR7MGEeFaEo3XeCGFlNfUSplXunJGll4_OxjxFzJlcFaFJ4Bz5IoVHqczPf6sh3nhU-nk7LgGmryN/s72-w640-c-h426/2026-04-20%20R04%20Gondomar-Tomii%C3%B1o-25.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2026
http://www.caminoacaminovigo.org/2026/04/R04-Miradoiros-Gondomar-Tomino.html
http://www.caminoacaminovigo.org/
http://www.caminoacaminovigo.org/
http://www.caminoacaminovigo.org/2026/04/R04-Miradoiros-Gondomar-Tomino.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar