Programa da XI Andaina polos Montes de Vigo 2026

 XI ANDAINA POLOS MONTES DE VIGO

31 maio 2026 | Parque Forestal de Zamáns


PUNTO DE INICIO E TRAZADOS WIKILOCK

- Punto de inicio: Parque Forestal de Zamáns ... ENLACE A GOOGLE MAPS
- Ruta Longa (20 km, Dificultade alta)... PULSAR AQUI
- Ruta Media (12 km, Dificulatade media-alta)... PULSAR AQUI
- Ruta Curta (6,7 km, Dificultade baixa)... PULSAR AQUI
_________________________

DATOS BÁSICOS DA ANDAINA 

O Concello de Vigo, a través da Concellería de Medio Ambiente, bota a andar a XI Andaina polos dos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski. Terá lugar o domingo 31 de maio, pola mañá, sendo a base de operacións o Parque Forestal de Zamáns (localización Google Maps)

Inscrición no 010 dende o 14 de maio ata o venres 29 de maio, as 13 horas. Tal e como se indica máis abaixo, será necesario apuntarse nunha das andainas previstas e que están adaptadas as características dos distintos públicos. Ademáis, haberá exposicións e actividades infantis. Está previsto que participe en torno a un milleiro de vigueses e viguesas.


O obxectivo que se persigue con este evento é dar a coñecer os recursos dispoñibles nos montes periurbanos de Vigo: parques forestais e sendeiros locais, onde nos podemos achegar ao patrimonio natural, así como algúns dos miradoiros e espazos etnoarqueolóxicos máis destacados da cidade. 

Nesta edición daranse a coñecer os servizos ecosistémicos que aportan os montes á sociedade nun espazo emblemático como o Parque Forestal de Zamáns, na Comunidade de Montes de Zamáns. Particularmente falarase dos servizos recreativo-culturais, dos que tanto o parque forestal como os muíños do río Zamáns son unha boa mostra, así como dos servizos de regulación hídrica e de regulación de CO2 ou do efecto illa ante a onda de calor dos períodos de altas temperaturas cada vez máis frecuentes.

As andainas previstas circularán polos sendeiros locais de Zamáns e de Beade-Bembrive, pasando tamén polos parques forestais de Bandeira e da Área Recreativa do Pouso (Bembrive) ou por lugares de interese medioambiental e etnolóxico. A súa vez permitirán comprobar unha variedade de plantacións forestais, con frondosas e bosque de ribeira.

A programación vai dirixida á poboación en xeral, cun apartado específico para público infantil. A modo de resume recóllese no cartaz do evento (AQUI) e nos seguintes apartados.



PROGRAMA XERAL (PULSAR AQUI)



PROGRAMA INFANTIL (PULSAR AQUI)


INSCRICIÓN E FUNCIONAMENTO DO EVENTO:  
Inscrición: Aqueles/as interesados en participar na XI Andaina polos montes de Vigo pódense inscribir ata o 29 de maio as 13 horas no 010
No caso de que o día 31 de maio haxa prazas dispoñibles, poderase facer inscrición no Parque Forestal do Vixiador ata media hora antes do inicio da actividade.

Lugar de encontro: Parque forestal de Zamáns (localización Google Maps)

Recollida de tarxeta de participación: previo ao inicio das actividades, as persoas inscritas recollerana na carpa de organización. A participación é gratuíta. No caso da Andaina Longadará dereito ao acceso ao autobús lanzadeira ata o inicio de actividade. No resto de actividades será solicitada ao principio das mesmas.

Agasallo a participantes: kit de abastecemento e promocional cortesía de Vegalsa-Eroski, xunto con entrega de camiseta recordatoria. Entregaranse no momento de solicitude da tarxeta de participación.

Inicio de actividade: segundo horario previsto na programación descrita previamente, sendo preciso estar rexistrado media hora antes.

Recomendacións: Roupa cómoda e calzado axeitado para monte, hidratación constante, respecto ás indicacións da organización, coidado do entorno empregando os contenedores habilitados e respectando a flora e fauna que se atope.

Regulamento: A inscrición nas andainas leva asociado a aceptación do regulamento da andaina (ver abaixo) e desprazarse ata o Parque Forestal de Zamáns, tendo que realizarse o correspondente rexistro. O non cumprimento do regulamento pode supor a suspensión da participación.
Cada participante configurará o percorrido que máis lle interese segundo a planificación das andainas, asumindo que o percorrido estará marcado previamente e se realizará de xeito autónomo.
No punto de saída iniciaranse as andainas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por voluntarios/as das distintas comunidades de montes polas que se transitan. 

Máis información: info@caminoacaminovigo.org | whatsapp 662 23 10 23 | caminoacaminovigo.org
Nombre

Avisos,9,Fotos,115,Novas,282,Programación,1,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2026: Programa da XI Andaina polos Montes de Vigo 2026
Programa da XI Andaina polos Montes de Vigo 2026
Programa da XI Andaina polos montes de Vigo a celebrar o 31 de maio de 2025. Organiza Concellería de Medio Ambiente en colaboración con Montes de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiTHsVxqMRm7TzKW3yq30LgOsK-nJBfZwMQfHcZ2rIwmtxW_ufp1IbP7P3Rnw0u3SsAwmsiV4ONQzFMJTmGxtCGMVCt5b6rAjpl8caVEG8HXunE_g9yuFpb5ZICY8tFNkePwgLoKMnZvn31p1Ixb8MwQvKy6VnOMuYJDOOfWPrO-Z-EyVa5UM7GcoNhyphenhyphensLa/w640-h250/Andaina26%20-%20Dese%C3%B1o%20cartaz%20v2%20cabeza.jpeg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiTHsVxqMRm7TzKW3yq30LgOsK-nJBfZwMQfHcZ2rIwmtxW_ufp1IbP7P3Rnw0u3SsAwmsiV4ONQzFMJTmGxtCGMVCt5b6rAjpl8caVEG8HXunE_g9yuFpb5ZICY8tFNkePwgLoKMnZvn31p1Ixb8MwQvKy6VnOMuYJDOOfWPrO-Z-EyVa5UM7GcoNhyphenhyphensLa/s72-w640-c-h250/Andaina26%20-%20Dese%C3%B1o%20cartaz%20v2%20cabeza.jpeg
Camiño a Camiño Vigo 2026
http://www.caminoacaminovigo.org/2026/05/XI-andaina-montes-de-vigo.html
http://www.caminoacaminovigo.org/
http://www.caminoacaminovigo.org/
http://www.caminoacaminovigo.org/2026/05/XI-andaina-montes-de-vigo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar