A quinta etapa de percorridos medioambientais da tempada de primavera'26 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo tivo lugar entre Tomiño e O Rosal, na Pedra Furada, no Miradoiro de Niño do Corvo e na senda de pescadores do río Tamuxe.
![]() |
| Interpretación xeolóxica na Pedra Furada |
Un día intenso para ascender á Serra do Argallo e poder contemplar algúns dos seus valores medioambientais e paisaxísticos. Particularmente foi interesantísima a comprensión do que é unha paisaxe na que dominan os esquistos fronte á clásica paisaxe onde domina o granito, o que condiciona o hábitat e a actividade humana.
![]() |
| Monte Tecla e Serra da Groba dende a Serra do Argallo |
Tamén se poido comprobar a singularidade do Baixo Miño, cun microclima particular asociado á influencia atlántica, á orografía e a presenza do río Miño.
![]() |
| Panorámica do Baixo Miño |
Outro aspecto destacado do percorrido foi o tránsito polo río Tamuxe, afluente do Miño, e cunhas curiosidades moi interesantes relacionadas coa biodiversidade, co transporte de sedimentos nos que mesmo se atopa ouro e con muíños chamativos.
![]() |
| Resultado do bateado do río |
Máis información dos contidos da ruta AQUI.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO e de seguido algunhas das instantáneas máis representativas:








