A derradeira da rutas da tempada de Primavera'26 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo será a "Ruta nocturna polos montes de Valladares" que terá luga o sábado 6 de xuño, a partir das 20h, saíndo da Praza do Rei. Está previsto chegar de volta sobre a 1 da mañá. Ver abaixo trazado e proceso de inscrición
| Vista panorámica de Vigo en ruta nocturna |
Inscrición gratuíta
- Dende luns 1 de xuño, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.
- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.
Datos do percorrido
✔ Sábado 6 de xuño, as 20:00 en Praza do Rei
🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto).
👀 Hora de rexistro de entrada: 20:00. Hora de saída: 20:30. Hora de finalización 1:00 (aprox)
🏃 Distancia: 6 km | Dificultade media (atendendo ao público de Camiño a Camiño).
👉 Recomendacións: levar bastóns, calzado para andar por pistas forestais, así como auga para hidratarse en ruta e tentempé. Neste caso recoméndase levar un frontal ou linterna a poder ser que conte con luz vermella para non deslumbrar ao resto de participantes.
🗾 Trazado e alzado:

