A última etapa de percorridos medioambientais da tempada de primavera'26 de Camiño a Camiño promovida pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo tivo lugar na Serra da Groba, entre Baiona e Oia. Esta sesión sustitúe á anulada o 10 de maio.
![]() |
| Garranos na Serra da Groba encamiñados ao Curro de Mougas |
A xornada combinou travesía pola Serra da Groba coa experiencia do traballo dos habitantes de Mougás en reunir os garranos salvaxes no Curro de Mougas. As escenas vividas foron moi chamativas.
Por outra banda, dende os miradoiros de Baiona poidose ver a desembocadura da Ría de Vigo, con Baiona de fondo e os islotes entre Illas Cíes e Monteferro. Dende o miradoiro de Corroubelo contemplouse a serra da Groba, cos montes da comarca de fondo. Dende o miradoiro das Penizas contemplouse a costa atlántica co mar aberto.
Na travesía poidose ver o ecosistema de montaña atlántica a carón do mar, coas súas singularidades como o Sobreiral do Faro en Viladesuso. Xa chegando á costa como a falla que modela a costa atlántica provoca un desnivel chamativo mesmo para a práctica do parapente.
![]() |
| Sobreiral do Faro |
Máis información dos contidos da ruta AQUI.
Ver ALBUM FOTOGRÁFICO e de seguido algunhas das instantáneas máis representativas:










