PRESENTACIÓN | EVENTO 3-10-26 | 11 ANOS DE VOLUNTARIADO
O programa municipal Camiño a Camiño, promovido pola Concellería de Medio Ambiente, conmemora o Día do Hábitat con dúas actividades no Monte da Guía: unha xornada de voluntariado aberta ás familias e unha acción de sensibilización con escolares de Teis. Ambas as iniciativas permitirán coñecer e continuar o traballo de recuperación ambiental desenvolvido neste espazo dende 2015.
EVENTO 3-10-26
Na mañá do sábado 3 de outubro houbo unha xornada de portas abertas no Voluntariado medioambiental da Guía promovida pola Concellería de Medio Ambiente. Incorporáronse novas voluntarias e asistiron familias interesadas na experiencia.
Na introdución da xornada repasáronse os 11 anos de traballo voluntario (ver infografías na seguinte sección) e o impacto que supuxo en 2,5 hectáreas do Monte da Guía.
Posteriormente tivose ocasión de visitar os traballos e entender o porqué do mesmo, compartindo dúbidas e curiosidades.
.jpeg)



.jpg)


