Miradoiros de Vilaboa – As Salinas de Ulló (18/10/26)

 A programación de Percorridos Medioambientais de Outono 2026 promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo prosigue o 18 de outubro coa Ruta por Vilaboa, dende Ponte Sampaio ata as Salinas de Ulló. As inscricións principian o martes 13 de outubro no 010

Vista panorámica da Ensenada de San Simón

MIRADOIROS DE VILABOA (18/10/26)

Os percorridos ambientais da outono de 2026 proseguen polos miradoiros naturais de Vilaboa. A intención é contemplar a riqueza natural e paisaxística da área metropolitana de Vigo.

Na cuarta etapa, o domingo 18 de outubro, realizarase dende Ponte Sampaio, subindo á Pedra furada, para logo baixar ata o engaiolante conxunto das Salinas de Ulló. Poderánse contemplar vistas panorámicas da Ensenada de San Simón.

Cómpre sinalar que o percorrido de preto de 9 km presenta unha dificultade media, se ben cunha forte subida no medio ata á Pedra furada que é opcional subir.

Inscrición gratuíta

- Dende martes 13 de outubro, no 010. Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade.

- Criterio de participación: unha mesma persoa non poderá asistir a dúas actividades consecutivas, agás que, atopándose en lista de agarda, quedasen prazas dispoñibles o mércores a partir das 15 horas. Nese caso seralle comunicado na tarde do propio mércores previo á actividade. Tamén se establece en tres o número de persoas que se poden inscribir en cada chamada ao 010, agás unidades familiares con máis dun fillo.

- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org  para así convocar á lista de agarda. Lembrar que hai que facelo antes do venres as 13:00 para que haxa tempo de activar a inscrición do novo participante.

Participantes na anterior ruta de Camiño a Camiño

Datos do percorrido

✔ Domingo 18 de outubro

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei. Traslado en autobús discrecional (gratuíto)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora de finalización 15:00 (aprox)

🏃 Ruta: 9 km | Dificultade media (atendendo ao público de Camiño a Camiño)

👉 Recomendación: levar bastóns, calzado de trecking e auga para hidratarse en ruta.


Nombre

Avisos,9,Fotos,122,Novas,305,Programación,1,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2026: Miradoiros de Vilaboa – As Salinas de Ulló (18/10/26)
Miradoiros de Vilaboa – As Salinas de Ulló (18/10/26)
Miradoiros de Vilaboa. Camiño a Camiño, programa de educación medioambiental da Concellería de Medio Ambiente de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhTSzszRUWOHxXkePkxIVZBXSOg9OzJsDZjn2vhjiF-KB1OuJnPYLbpVxDCD8xlKchY0FLJZLnHEny3XcBtEfzbgNW_tTjO2AILPOZhhjaBtOA2fz8f2aM0R6lnrhePn-VhAyC4IsVDJybLLBEBYGhjA_TiHiXFyVS3qVTt6JUxz9jr5ioCeGNL0T8DChqw/w640-h296/20261005_112536.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhTSzszRUWOHxXkePkxIVZBXSOg9OzJsDZjn2vhjiF-KB1OuJnPYLbpVxDCD8xlKchY0FLJZLnHEny3XcBtEfzbgNW_tTjO2AILPOZhhjaBtOA2fz8f2aM0R6lnrhePn-VhAyC4IsVDJybLLBEBYGhjA_TiHiXFyVS3qVTt6JUxz9jr5ioCeGNL0T8DChqw/s72-w640-c-h296/20261005_112536.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2026
http://www.caminoacaminovigo.org/2026/10/r12-miradoiros-vilaboa.html
http://www.caminoacaminovigo.org/
http://www.caminoacaminovigo.org/
http://www.caminoacaminovigo.org/2026/10/r12-miradoiros-vilaboa.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar