O sendeiro da Fraga por Moaña, próximo reto dos camiñantes

Os participantes na ruta do pasado fin de semana tiveron ocasión de ver dende a altura o traxecto do río da Fraga de Moaña, paraxe de excepcional atractivo medioambiental e cunha alta densidade de muiños (de feito tamén recibe o nome de ruta dos muíños).



Iniciarase a actividade no porto de Moaña para aproximarnos ao Areal da Xunqueira e de inmediato acceder ao sendeiro que bordea o rio da Fraga (ver mais detalle no documento anexo A Ría de Vigo II: Sendeiro da Fraga). A ruta realízase de xeito circular para volver outra vez ao porto.


Nesta ocasión, dada a extensión e o desnivel do percorrido, vanse establecer dúas rutas atendendo ao nivel de dificultade:

GRUPO 1: 10 km polo tramo baixo e medio do sendeiro da Fraga. Na ida o camiño é ascendente en todo o tramo e, lóxicamente, na volta realízase en baixada (ver tramo vermello do debuxo). A dificultade desta ruta é media, cunha duración aproximada de 3 h 30 minutos.

GRUPO 2: 17,2 km polo tramo baixo, medio e alto do sendeiro da Fraga, facendo nesta última parte un círculo que permite ver as fervenzas do lugar. A dificultade desta ruta é alta, cunha duración aproximada de 4 h 45 minutos.

Tal e como se recomendou na ruta anterior, convén levar un tentempé para media mañá dado que o retorno farase tarde, e resulta imprescindible levar bo calzado para camiñar e bastón de apoio (ver apartado recomendacións).


Nombre

Avisos,3,Fotos,89,Novas,209,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: O sendeiro da Fraga por Moaña, próximo reto dos camiñantes
O sendeiro da Fraga por Moaña, próximo reto dos camiñantes
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgz9Qgg3S3edxwur1p998AQFF8GTCpAKh5exFCGkYOQu-XTOTBg8lpeazj2ZzogS3xf0OKo6VqQv7rMzOTCbQBBDOHVp4Aav0R_oI2Z7j0w7v2bWAyqpviIf2JJDcpB8wvDgrhcK6ibb37H/s640/Fraga02.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgz9Qgg3S3edxwur1p998AQFF8GTCpAKh5exFCGkYOQu-XTOTBg8lpeazj2ZzogS3xf0OKo6VqQv7rMzOTCbQBBDOHVp4Aav0R_oI2Z7j0w7v2bWAyqpviIf2JJDcpB8wvDgrhcK6ibb37H/s72-c/Fraga02.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/02/o-sendeiro-da-fraga-por-moana-proximo.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/02/o-sendeiro-da-fraga-por-moana-proximo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar