Como sabedes, durante todo o ano 2012 está previsto percorrer en 12 etapas o Sendeiro das Greas, con 206 km no seu percorrido orixinal. Trátase do sendeiro máis longo de Galicia e discorre por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.
O nome do sendeiro procede das greas de cabalos e, de feito, percórrense moitas zoas de curros e rapas.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjyzHhhxU1LUW-QOz6V0XNs2uQOIK6VsVSaPog2nR7cJzg5ZaatyT3NcmnE-iiuMojqcoauWptN3IyiQ39luZOWwZD-dv2jrpVcSM437_QM793yQ6jk6owBGRdc1iC8hZEAgEywKTIW5rlE/s320/_MG_2410.jpg)
No primeiro trimestre fixemos as tres primeiras etapas, empezando en Vigo con dirección cara Nigrán e Baiona.
Toca neste segundo trimestre avanzar outras tres etapas polos concello de Gondomar cara Salceda de Caselas.
Como nas etapas anteriores, faranse percorridos de entre 12 e 15 kilómetro cun apeadeiro aos 8 ou 9 kilómetros para aqueles que prefiran realizar un percorrido máis curto.
A proposta para as tres etapas vindeiras é a que se reflicte no seguinte mapa.