Os responsables da ruta de Greas 4 deste domingo 15 de abril queremos recoñecer publicamente os problemas de índole organizativo que tiveron lugar no desenvolvemento da mesma e que foron derivados da mala coordinación dos distintos recursos postos en funcionamento, sendo completamente allea a eles os monitores en ruta e a Concellería de Medio Ambiente.
Aceptamos, por tanto, como completamente fundamentadas as queixas remitidas ao blog e que sobre todo afectaron ao grupo da ruta curta que tiveron que agardar un tempo excesivo polo autobús nun espazo aberto e sometido ás distintas vicisitudes da climatoloxía. Todas estas circunstancias foron explicadas debidamente á Concellería e articulados mecanismos para que non se volvan a producir. Solicitamos publicamente disculpas.
Por último, agradecemos a madurez con que os participantes no Camiño a Camiño vos comportades no desenvolvemento do traballo, anque teña erros, e a conclusión dun verdadeiro camiñante: "...quen non camiña, nunca erra. Iso sí, se é bo camiñante non volve caer no mesmo erro".

Foto enviada por Antonio desta etapa (ver Safari fotográfico)