Nova fin de semana intensa en actividades: Cíes, Médulas e Voluntariado

Unha nova fin de semana chea de actividade ven por diante. A pesares da previsión de tempo incerta, existe un ánimo alto para abordar tanto as rutas como as accións de voluntariado.


ILLAS CIES
Para o domingo, preto de 200 persoas teñen reserva para realizar as rutas nas Illas Cíes. Vaise coñecer polo miudo a riqueza medioambiental do Parque Nacional e, particularmente, o hábitat na primavera. A convocatoria na Estación marítima é as 9:30 horas, sendo preciso puntualidade para realizar ordeadamente o proceso de embarque. O retorno está previsto para as 19:15.




Voluntariado medioambiental en Illas Cíes
Realizarase entre o sábado e o domingo, con acampada incluída. O obxectivo é continuar co traballo realizado polos voluntarias e voluntarios de semana santa: limpeza da duna de Muxieiro, erradicación de Arcthoteca calendula e limpeza 
de praias. Pódese consultar no apartado "Voluntariado" imaxes da última actuación.
A hora de convocatoria na estación marítima é o sábado as 9:30. O retorno está previsto para o domingo as 19:15




MÉDULAS
A segunda quenda para visitar o Parque de Médulas xa está activada. En documentación está colgado o arquivo "Médulas" onde se detalla máis a actuación.
Toca madrugar o sábado (hora de encontro na estación de Renfe as 6:30 para sair as 6:46 da mañán), pero ben merece a pena segundo indicaron os participantes na primeira quenda. 






VOLUNTARIADO NO LAGARES
Os grupos de voluntariado no río Lagares prosiguen este sábado de 9:00 a 12:00 facendo o traballo minucioso de erradicar as prantas exóticas invasoras. Nalgúns momentos semella que é traballo de ciruxía. Os resultados están sendo moi interesantes e a moral está alta. No apartado "Voluntariado" hai fotografías das distintas actuacións levadas.

Nombre

Avisos,2,Fotos,52,Novas,135,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: Nova fin de semana intensa en actividades: Cíes, Médulas e Voluntariado
Nova fin de semana intensa en actividades: Cíes, Médulas e Voluntariado
http://4.bp.blogspot.com/-xbTUunQl4pU/T7YBO-5E3pI/AAAAAAAAMIA/p6mkYnUgpoU/s400/Blog-1.jpg
http://4.bp.blogspot.com/-xbTUunQl4pU/T7YBO-5E3pI/AAAAAAAAMIA/p6mkYnUgpoU/s72-c/Blog-1.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/05/nova-fin-de-semana-intensa-en.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2012/05/nova-fin-de-semana-intensa-en.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar