Este martes 5 de xuño, a Concellaría de Medio Ambiente
celebrará no paseo do río Lagares, o Día
Mundial do Medio Ambiente. Unha data sinalada por Nacións Unidas e cuxo
obxectivo é motivar que as persoas se convirtan en axentes activos para o
desenvolvemento sostible e equitativo do planeta.
Dende a Concellaría de Medioambiente de Vigo
considerase que o día do medioambiente é "unha acción cotiá", celebrase todos os días do ano, e
por tal motivo querese dar a coñecer aos
cidadáns e cidadás de Vigo o traballo dos distintos programas de educación e
voluntariado medioambiental durante este último ano. En todos eles abordase
a fraxilidade do noso entorno e as accións que debemos levar a cabo para
preservarlo do seu deterioro, que tamén é o noso.
A actividade prevista terá lugar no río Lagares, emblema de
recuperación medioambiental e lugar de referencia para todos os vigueses e viguesas.
O punto concreto da actividade terá lugar no parque localizado no paseo do
Lagares, próximo ao cruce da Avda da Florida coa Estrada de Camposancos, en
dirección á desembocadura.
Programa de actividades:
9:30
Inicio das actividades do voluntariado
de Camiño a Camiño
10:00
Exposición das actividades do Camiño a
Camiño
10:00
a 13:00: Visita de Centros escolares
· Participación no voluntariado de Camiño a Camiño:
eliminación de prantas invasoras
· Miniruta Camiño a Camiño aos humedais de Goberna, con mención especial aos morcegos (2012 é o ano
internacional dos morcegos)
· Obradoiros e xogos Vigozoo: especies invasoras, reciclaxe, cociña solar,
caixas-niño
17:00
a 20:00: Actividades abertas á cidadanía
· Stand da Concellería de Medio ambiente.
· Participación no voluntariado de Camiño a Camiño:
eliminación de prantas invasoras
· Miniruta Camiño a Camiño polo paseo do río Lagares
· Obradoiros e xogos Vigozoo: especies invasoras, reciclaxe, cociña solar,
caixas-niño