Aproveitando que o tempo acompaña, vaise activar actividade de hortas urbanas durante toda a semana.
Horta de Camelias
Para empezar hoxe martes pola tarde (16:30) e mañán pola mañá (11:00) continúase coa preparación da horta de Camelias. As persoas adscritas a esta horta podedes pasar no momento que desexedes.
Horta de Fontáns (Ramón Nieto)
Estase roturando e fresando durante esta semana. É previsible que poidamos o sábado, as 10:00, iniciar actividade, pero avisarasevos telefónicamente e por correo electrónico. Os asistentes ao curso teñen gañas de empezar e hai que aproveitar antes de que sexa período de non plantar.
Cursos de hortas urbanas
Con motivo da elevada demanda destes cursos, vanse realizar 3 cursos máis os días 17 e 24 de novembro e 1 de decembro, en horario de 10 a 14 horas en Vigozoo.
A boa acollida dos cursos tamén tivo o seu reflexo na prensa esta fin de semana tal e como queda recollido nos documentos de Faro de Vigo e de Atlántico