A Concellería de Medio Ambiente e o Vigozoo teñen previsto desenvolver durante as datas de nadal as seguintes actividades (ver www.vigozoo.com/glg/ noticias.asp)
- Conferencia "As singularidades das píntegas das Illas Atlánticas". Venres 21, 19:30, Vigozoo. Actividade en colaboración coa Universidade de Vigo. Ver detalle abaixo
- Campamento en Vigozoo (6-12 anos). Quenda 1: 26-27 e 28 decembro. Quenda 2: 2-3 e 4 xaneiro. Horario 10-14h, con aula matinal (8-10) e recollida ata as 15h. Prezo por quenda: 9 euros. Prazas por quenda: 50.
- Obradoiro sobre a elaboración de xabóns naturais (3h). Quendas de mañán (10-13h) e de tarde (16:30-19:30) os días 26, 27 e 28 de nadal. Actividade en colaboración coa Fundación Sales. Prezo adultos: 5 euros. Prezo rapaces: 3 euros. Praza por quenda: 20.
Ademais,
as hortas urbanas de Fontáns e de Camelias seguirán, se a climatoloxía o
permite, a súa andaina habitual (ver calendario en caminoacaminovigo.blogspot.com )
Conferencia "As singularidades das píntegas das Illas Atlánticas"
Adolfo Cordero Rivera (Catedrático do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo) e Guillermo Velo Antón (Investigador post-doctoral no Centro de Investigação em Biodiversidade e Recursos Genéticos da Universidade do Porto).
Entre
os resultados obtidos e transmitidos por este equipo, nas últimas mostraxes se
atopa a confirmación dunha conduta eminentemente diúrna na poboación de San
Martiño (Cíes), mentres que en Ons se observa a típica conduta nocturna.
Por
outro lado a detección de varios casos de depredación sobre as píntegas en San
Martiño, conleva a hipotetizar que son precisamente os depredadores nocturnos
existentes no parque nacional os causantes de dito cambio de conduta.
A
píntega común (Salamandra salamandra)
presenta dúas estratexias reproductoras. A primeira e a máis común és o
ovoviviparismo, no que se produce o nacemento de larvas en zonas de auga doce despois
da incubación e eclosión de ovos no tracto reproductivo materno. A segunda
estrategia é o viviparismo, caracterizado pola liberación en terra de xuvenís independientes
da fase acuática.