Este luns 4 de febreiro a Concellería de Medio Ambiente celebrou o Día das Zonas húmidas coa presenza de Centros educativos do entorno dos brañais de Barreiros, A Bouza e Muiños. Neste acto, que se tivo que suspender o venres 2 por motivos climatolóxicos, tamén participaron o voluntariado de Camiño a Camiño.
O Alcalde e a Concelleira de Medio Ambiente aproveitaron a ocasión para dar a coñecer a riqueza de zonas húmidas coa que conta Vigo e para insistir na importancia de que a cidadanía coñeza e axude a conservar estas auténticas reservas da biodiversidade (máis información en xornal-vigo.
A Concellería de Medio Ambiente publicou material conmemorativo do día mundial das zonas húmidas co lema "As zonas húmidas coidan da auga": poster e recortable
Compartiron a visita distintos "invitados" animais que fixeron as delicias dos participantes. Para mostra un botón