Tras percorrer o curso completo do Lagares, continuaremos cun dos seus
principais afluentes, o río Eifonso. Nace
preto do campus universitario de Lagoas-Marcosende, no Monte das Lagoas, a 450
metros de altitude. Nos seus 6 kilómetros de lonxitude percorre as parroquias
de Bembribe, Beade e Sárdoma. Na sua cabeceira
poderemos disfrutar dalgunha das fragas e bosques de ribeira mellor conservadas
do Concello de Vigo. Gran parte do
percorrido está marcado no PR G-5, sendeiro homologado e en bo estado de
conservación.
Este é un percorrido para disfrutar da beleza do río, de fervenzas como a
de a Bouzafría e das fragas, que comezan a amosar os primeiros signos da primaveira. Xa son numerosas as árbores que escomezar a
agromar, e poderemos observar as primeiras floracións de cáncaros, anémonas,
amarelles, e moitas outras. Déixase ver tamén a pegada do home pois pasaremos
por pontellas e muíños, antigas aldeas abandoadas, como a da Fraga, ou a Capela
de San Cibrán.
Neste percorrido hai unha novidade salientable, poderemos escoller si facer
o percorrido subindo ou baixando. No
momento de subir os autobuses deberemos escoller unha das dúas opcións, tendo
en conta que nos teremos que distribuír entre dous autobuses.
O xoves subirase ao blog a ficha técnica do
percorrido. En todo caso como avance, estes son os datos.
Proceso de inscrición e de participación
Lembrar que para poder inscribirse nos percorridos medioambientais é necesario chamar ao 010 entre o luns e o xoves e reservar praza. Na solapa superior do blog denominada "Inscrición" atoparedes todos os detalles.
Unha vez inscrito, o domingo pola mañán, entre 9:00 e 9:30 pásase lista diante da marquesina de autobus situada enriba da Praza do Rei.
Os/As participantes que xa dispondes de carné de Camiño a Camiño simplemente o tendes que presentar e así axilízase o proceso. Os/as novos participantes entregarásevos o citado carné.
De cara a facer cómodos os percorridos, recoméndase levar calzado de camiñar que suxete ben o pé e aqueles/as que o precisen un bastón de apoio. Na ruta deste domingo é esixente e por tanto é moi necesario atender estas indicacións.