Previsión fin de semana 2-3 marzo

Arranca marzo cunha ampla programación de actividades de Camiño a Camiño. Ás rutas, voluntariado e hortas, engadense nesta fin de semana soleada os cursos a celebrar en Vigozoo.


Previsión climatolóxica (meteogalicia)



Voluntariado Camiño a Camiño
a) Voluntariado no Lagares. De 10 a 13 horas continúase coas actividades habituais no río Lagares. Quedase na explanada de coches enfrente ao Colexio Balaidos (ver punto de encontro en solapa "Voluntariado CaC"). 
b) Voluntariado en Cíes. Este xoves e venres, 9 voluntarios/as participarán na repoboación de árbores autóctonos nas Illas Cíes

 
Percorridos medioambientais
Este domingo vaise percorrer o río Eifonso, claro exemplo dun río agreste ao abeiro dun bosque de ribeira (ver documento) e tributario do Lagares, aportandolle unha boa parte do seu caudal. 

 
Aos efectos organizativos, dado que se trata dun percorrido cunha pendente importante, ábrense dúas alternativas a elexir no momento de inscrición:
a) Baixada do Eifonso, dende o nacemento. Permite ver como o río toma forma e evoluciona nun entorno paradisíaco. Ten o problema da baixada, que se soluciona perfectamente cun calzado que agarre e cun bastón de apoio.
b) Subida do Eifonso. Percorrido xa feito noutras ocasións, e permite ver en senso inverso o discorrer do río. Ten a ventaxa de que non sofren tanto as pernas, anque sí require máis esforzo físico.
En todo caso, teremos que distribuirnos en dous autobuses-oruga, un para a primeira e outro para a segunda ruta. 

Horta urbana de Fontáns
Este sábado 2 de marzo, en horario de 10 a 13, está previsto, aparte de realizar as labouras de mantemento habitual, acondicionar zona pataca e espárrago, facer sementeira en bandexas na zona de viñedo e proseguir co miniinvernadoiro


Cursos en Vigozoo
Co inicio de marzo, principian os cursos en Vigozoo, tanto o Curso básico de hortas urbanas como o Curso de Iniciación ao voluntariado medioambiental. Está prevista a asistencia de preto de 100 persoas, co que haberá un clima formativo moi cálido.


 
Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Previsión fin de semana 2-3 marzo
Previsión fin de semana 2-3 marzo
http://1.bp.blogspot.com/-CqjGRzizmOg/US8rSBMsoyI/AAAAAAAAVMA/CQb8Ro6gj5k/s1600/Captura.JPG
http://1.bp.blogspot.com/-CqjGRzizmOg/US8rSBMsoyI/AAAAAAAAVMA/CQb8Ro6gj5k/s72-c/Captura.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/02/prevision-fin-de-semana-2-3-marzo.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/02/prevision-fin-de-semana-2-3-marzo.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar