Voluntariado en Cies: sesión de preparación

Este sábado 23 tivo lugar en Vigozoo a sesión de preparación das accións voluntariado de camiño a camiño nas Illas Cíes. 
A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, deu a coñecer a un nutrido grupo de voluntarios e voluntarias as actuacións a realizar durante o mes de marzo, así como outras actuacións previstas ata o verán.


Voluntariado Cíes en marzo
A laboura prevista para marzo en Cíes, en colaboración co Parque nacional das Illas Atlánticas centrarase na mellora dos bosques neste espazo natural, a través da plantación de especies autóctonas (cerquiño, carballo, salgueiro e loureiro) seleccionadas pola representatividade nas illas e no litoral veciño, así como na eliminación de especies exóticas invasoras (acacia negra e eucalipto). Tamén se iniciarán a creación de microhábitats de auga doce.
O primeiro grupo de 9 voluntarios desenvolverá a súa laboura o xoves 28 de febreiro e o venres 1 de marzo. Os dous grupos seguintes faranno nas fins de semana do 9-10 e 16-17 de marzo.

Voluntariado Cíes en semana santa
 A concelleira tamén deu a coñecer que nas accións de voluntariado previstas para semana santa nas Illas Cíes están contempladas dúas quendas de 50 persoas e que, aparte de ser necesario dispór do curso de iniciación ao voluntariado medioambiental (están previsto o día 2 e 9 novas sesións, con incrición no 010 durante a semana previa) e o correspondente acordo de voluntariado, daráselle preferencia na adxudicación de prazas a aquelas persoas que teñan realizado como mínimo 4 horas de voluntariado nos distintos programas propostos (Lagares e Bouza, Areais ou Vigozoo). Tamén avanzou que este criterio extenderase ao voluntariado en Cíes durante o verán, sendo nese caso o criterio un mínimo de 15 horas.

Voluntariado en Vigozoo
Dentro da sesión, a Concelleira presentou as liñas de actuacións de voluntariado específicas de Vigozoo: educación ambiental, investigación e conservación e benestar animal. Para poder participar nestes programas é preciso contar co Curso específico de voluntariado en Vigozoo. O vindeiro 13 de abril realizarase a segunda edición do citado curso.


 
Nombre

Avisos,2,Fotos,51,Novas,132,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: Voluntariado en Cies: sesión de preparación
Voluntariado en Cies: sesión de preparación
http://2.bp.blogspot.com/-tUQkDSKkttE/USpyeJbQLII/AAAAAAAAVDQ/kf6UdzAt88Q/s1600/VoluntariadoCies-1.jpg
http://2.bp.blogspot.com/-tUQkDSKkttE/USpyeJbQLII/AAAAAAAAVDQ/kf6UdzAt88Q/s72-c/VoluntariadoCies-1.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/02/voluntariado-en-cies-sesion-de.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/02/voluntariado-en-cies-sesion-de.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar