No percorrido deste domingo 28 de abril abordase a segunda parte da conca do Galiñeiro na vertente do río Louro. Neste
percorrido seguiremos o río ata a súa desembocadura no Miño. Prácticamente todo o percorrido queda dentro
do espazo protexido do LIC (Lugar de Interese Comunitario) das Ribeiras do
Louro.
O roteiro partirá de Orbenlle, onde
visitaremos a lagoa grande de Orbenlle, comúnmente chamada como Gándaras de
Budiño. Despois continuaremos pola
ribeira do Louro pasando polo Cerquido e Albelos, ata chegar ás veigas do Louro
en Guillarei. Dende Guillarei iremos ata
Tui, onde finalizaremos a nosa andaina.
No percorrido disfrutaremos de fermosos
paisaxes e impresionantes vistas da Serra do Galiñeiro. Coñeceremos tamén algún dos regos tributarios
do Louro como o Becerreira e o San Simón, e visitaremos zonas húmidas e bosques
de ribeira de grande valor ecolóxico.