Semella que teremos unha fin de semana xeitosa no climatolóxico anque con previsión de que se vaia cambiando o bo tempo que houbo durante esta semana. En todo caso hai oferta de voluntariado, percorrido medioambiental e hortas Vexamos a previsión.
Previsión climatolóxica (meteogalicia)
Percorridos medioambientais
Tras baixar da Serra do Galiñeiro seguindo os regatos que nacen nos seus cumes, atopamos o río Louro. Neste percorrido seguiremos o río ata a súa desembocadura no Miño. Prácticamente todo o percorrido queda dentro do espazo protexido do LIC (Lugar de Interese Comunitario) das Ribeiras do Louro. Ver detalle en documentos.

Hortas urbanas
Xa se iniciou a tempada de plantación de primavera e está sendo un fervedeiro de xentes, con moitas preguntas e cos primeiros problemas de pulgón e demáis en Fontáns e co inicio de actividade en Pedro Alvarado. Por certo, eiqui con participantes moi entusiastas como a persoa de maior idade de todas as hortas, que xa empezou a traballar nos bancos habilitados para estas ocasións.
Voluntariado
Como xa se comunicou na noticia de onte, vaise empezar con forza o voluntariado nos areais a partir deste sábado (por certo, con inicio as 9:00 para evitar moito calor), aparte do que estaba previsto para Lagares o venres e para Cíes o sábado e domingo.