O Alcalde está presente no percorrido polas dunas de Vigo

Unha mañán moi interesante para realizar un percorrido polas dunas de Vigo. No medio do camiño personouse o Alcalde para dar o seu apoio a unha actividade na que teñen participado miles de vigueses e que está sendo un referente no eido da educación medioambiental a nivel estatal, contando cun programa diversificado (percorridos medioambientais, voluntariado medioambiental, hortas urbanas, sensibilización, etc) e dirixido a todos os públicos.

Percorrido medioambiental polos sistemas dunares de Vigo
Durante o mes de maio estase abordando os ecosistemas dunares, empezando polos que hai no Concello de Vigo e que están sendo obxecto de recuperación paulatina, tal e como se poido comprobar durante a xornada matinal. No percorrido estiveron presentes o Alcalde, a Teniente de Alcalde e a Concelleira de Medio Ambiente. Podedes ver fotos na solapa "Fotos Percorridos 2013"





Voluntariado Camiño a Camiño
Aproveitando que o trazado do percorrido atravesaba o areal do Tombo do Gato, deuse a coñecer o traballo que está a desenvolver o voluntariado de Camiño a Camiño no tocante a erradicación de prantas invasoras (Margarida sudafricana ou do Cabo -Artoteca Calendula- ou Uña de gato -carpobrotus edulis-) durante todo o mes de maio nos areais de Vigo. Tívose ocasión de ver exemplares como este:



Comentouse tamén en ruta que os días 18 e 25 de maio, pola mañán, están convocados sendos cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño, que habilitan para participar en estas accións.

Hortas-escola
Os traballos nas hortas-escola prosiguen e, sen dúbida, está sendo toda unha experiencia ver como se abordan as pragas que estes días están facendo acto de presenza. En todo caso, os ánimos están altos e a actividade frenética. Tamén xa se recollen froitos para facer boas ensaladas.






Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: O Alcalde está presente no percorrido polas dunas de Vigo
O Alcalde está presente no percorrido polas dunas de Vigo
http://4.bp.blogspot.com/-jXIN6MaEDWA/UYZ7_eOhHqI/AAAAAAAAXmw/lSqf2_nebDo/s1600/DunasVigo-29.jpg
http://4.bp.blogspot.com/-jXIN6MaEDWA/UYZ7_eOhHqI/AAAAAAAAXmw/lSqf2_nebDo/s72-c/DunasVigo-29.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/05/o-alcalde-esta-presente-no-percorrido.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2013/05/o-alcalde-esta-presente-no-percorrido.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar