Despois dunha experiencia moi gratificante no percorrido nocturno polo Galiñeiro (ver fotos xa colgadas), este sábado (convocatoria na Praza do Rei as 20:30, para saír as 21:00) teremos ocasión de facer outra andaina pola costa, entre Canido e Alcabre. Celebraremos o Día Mundial dos Océanos e, ao rematar, agardamos ter un ceo despexado que nos permita gozar do ambente nocturno.
/fa-camera/ Álbum Fotos$type=slider$snippet=no$viewall=no$count=5$m=no$readmore=no$cate=no
Calendario 2024
/fa-leaf/ Que é Camiño a Camiño?
Camiño a Camiño é un programa da Concellería de Medio Ambiente de Vigo.
Ten como obxectivo promover a educación, a sensibilización e o voluntariado medioambiental entre a cidadanía viguesa.
Programa de actividades: Percorridos Medioambientais, Hortas Urbanas, Voluntariado Medioambiental e Cursos de formación.