Programación Semana 7-13 abril

Nesta semana desenvólvese unha ampla e diversa proposta de actividades dentro do programa de educación medioambiental do Concello de Vigo. Ademáis o tempo semella que vai acompañar.

Percorridos medioambientais: Ruta da Auga III (Os Valos - O Calvario)
Esta é a terceira e derradeira etapa da ruta da auga, con chegada a Vigo.  Nesta ocasión a diferenza principal entre a ruta curta e a longa non é a distancia, posto que apenas varía nun kilómetro, senón o perfil. A ruta curta vai dende os Valos ata a fonte das Mozas, en Teis, sen apenas pendentes nin desniveis.  
A ruta longa é ben distinta. Comezar no mesmo punto que a curta e fai un primeiro tramo común, en San Esteban de Negros súbese aos montes do Vixiador e Penide, para baixar despois polo rego do Fondón e coller de novo o trazado da auga no tramo final.




Conferencias no Auditorio do Concello: "Conformación das Illas Cíes" (xoves 10, 19:30)
O Catedrático Juan Ramón Vidal Romaní disertara o vindeiro xoves sobre como se crearon as Illas Cíes e a ría de Vigo. Sen dúbida vai se unha ocasión única en escoitar dun experto un aspecto destacado do noso entorno. A entrada é libre.

Curso de Iniciación ao Voluntaridado medioambiental (sábado 12, 9:30, Vigozoo)
De cara a fomentar a participación da cidadanía no coidado do entorno do Concello, terá lugar este sábado o segundo curso de formación de Voluntariado. Cómpre facer a inscrición no 010 ata o xoves.

Voluntariado en Cíes en Semana Santa
Como nos últimos anos, organízanse dúas quendas de voluntariado para realizar durante Semana Santa labouras de conservación e limpeza nas Illas Cíes. A quenda A vai do sábado 12 ata o martes 15 de abril e a quenda B dende o xoves 17 ata o domingo 20.
O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 9, sendo preciso preinscribirse no 010 e logo acabar o proceso na Casa da Xuventude. Ver máis información na noticia do 31.3.14.
Nombre

Avisos,2,Fotos,51,Novas,132,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: Programación Semana 7-13 abril
Programación Semana 7-13 abril
http://1.bp.blogspot.com/-nUwepGK43tY/U0I96MP--GI/AAAAAAAAhFo/c3vRf7COanA/s1600/Captura1.JPG
http://1.bp.blogspot.com/-nUwepGK43tY/U0I96MP--GI/AAAAAAAAhFo/c3vRf7COanA/s72-c/Captura1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/04/programacion-semana-7-13-abril.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/04/programacion-semana-7-13-abril.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar