Esta fin de semana terá lugar a segunda visita a de Ancares na primavera, despois dunha moi boa experiencia por parte dos participantes na primeira. Algunhas mostras pódense ver no album fotográfico (pinchar eiqui) e de seguido:
Para os participantes na segunda visita, lembrar que a idea é saír as 8:00 da Praza do Rei, que cómpre levar a comida do sábado e, fundamental, botas de camiñar e 2 bastóns.
O sábado farase un percorrido circular de 9 km Piornedo-Vilarello-Piornedo (onde se comerá o que cada un leve), con dificultade media-alta, e o domingo farase un percorrido de dificultade alta entre Porto de Ancares-Cuiña-Piornedo (neste caso a comida proporcionaa a organización). Os perfís e características dos percorridos son os seguintes:
Para os participantes na segunda visita, lembrar que a idea é saír as 8:00 da Praza do Rei, que cómpre levar a comida do sábado e, fundamental, botas de camiñar e 2 bastóns.