A fin de semana ven cargada de actividades do programa Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente. Semella que o tempo vai acompañar, podendo haber algunha tormenta o domingo.
Percorrido medioambiental polo rio Miño: Salvaterra - Tui
Descenso en embarcación neumática polo río Miño
Trátase do segundo dos descensos e permitirá contemplar aos participantes como se configura a parte baixa do río Miño antes de chegar á desembocadura. Sen dúbida, aparte dos rápidos e a prezosa ribeira que se pode observar, as pequeiras son dignas de admiración.
Cursos de voluntariado e de hortas urbanas
Este sábado, en Vigozoo, principian os cursos de iniciación tanto ao voluntariado medioambiental como ás hortas urbanas da Concellería de Medio Ambiente. Ambos cursos habilitan para participar nos programas tanto de Voluntariado como de Hortas-escola de Camiño a Camiño.
Os cursos de hortas urbanas seguirán nas vindeiras semanas
Voluntariado medioambiental
Este sábado hai convocatoria en Vigozoo a partir das 10h para realizar preparativos tanto para o voluntariado urbano como para o voluntariado de hortas.
Por outra banda, esta fin de semana remata o voluntariado mediambiental en Cíes, no que participaron máis de 300 persoas ao longo da primavera e verán.
Percorrido medioambiental polo rio Miño: Salvaterra - Tui
O roteiro é eminentemente fluvial,
xa que apenas nos alonxamos das ribeiras do Miño, e cando o facemos é para seguir
o curso de outros ríos como o Tea e o Caselas. Partimos do Parque da Canuda, en
Salvaterra de Miño, alí collemos unha senda de recente creación pola ribeira do
Miño.
Dende esta senda temos unha
inmellorable panorámica da illa da Fillaboa, que é unha das meirandes illas
fluviais da península. Chegamos ata a
desembocadura do río Tea, onde remata a senda ecolóxica
da illa da Fillaboa. A orixe da ponte aí localizada é romana, aínda que sufriu importantes remodelacíóns nos séculos XV e XVII, por
ela pasaba unha calzada que ía a Tui.
Nos arredores de esta ponte, que chegou a estar fortificada, aínda
podemos ver os restos da fortaleza de San Lourenzo, que formaba parte da rede
de fortificacións que se estendían por ambas beiras do Miño noutros tempos.
Tras cruzar a ponte subimos ata a
vila de Arentei, atravesando grandes extensións de viñedos, dende alí colleremos
outra pequena senda sinalizada, a do río Caselas. Esta pequena senda acompaña ó río nun tramo
moi chairo, no que o río vai de vagar, sen presa, polo medio de terras de
labor, lameiros e pequenas fragas, ata chegar ó muíño do Picallo.
Pouco despois de abandonar a senda
do río Caselas, atopamos xa as marcas de outro sendeiro, o PRG-19 Caldelas
–Tui. Este sendeiro é circular na maior
parte do percorrido. Nós colleremos a
rama que vai mais pegada ó río, case pola beira, para chegar á área recreativa
de Os Baños, en Caldelas de Tui, onde faremos a parada para xantar.
Dende os Baños quédannos algo menos
de 8 kilómetros ata Tui, no que iremos alternando tramos de pistas anchas, con
bo firme, con outros tramos de estreitas sendas no medio do bosque, no que só
collen un par de botas. No final do
percorrido chegamos a Guillarei, alí cruzamos a Ponte da Veiga sobre o río
Louro para entrar xa na vila de Tui, onde remata o camiño.
Descenso en embarcación neumática polo río Miño
Trátase do segundo dos descensos e permitirá contemplar aos participantes como se configura a parte baixa do río Miño antes de chegar á desembocadura. Sen dúbida, aparte dos rápidos e a prezosa ribeira que se pode observar, as pequeiras son dignas de admiración.
Cursos de voluntariado e de hortas urbanas
Este sábado, en Vigozoo, principian os cursos de iniciación tanto ao voluntariado medioambiental como ás hortas urbanas da Concellería de Medio Ambiente. Ambos cursos habilitan para participar nos programas tanto de Voluntariado como de Hortas-escola de Camiño a Camiño.
Os cursos de hortas urbanas seguirán nas vindeiras semanas
Voluntariado medioambiental
Este sábado hai convocatoria en Vigozoo a partir das 10h para realizar preparativos tanto para o voluntariado urbano como para o voluntariado de hortas.
Por outra banda, esta fin de semana remata o voluntariado mediambiental en Cíes, no que participaron máis de 300 persoas ao longo da primavera e verán.
![]() |
Accións de erradicación de acacia negra en Cíes |