Previsión de actividade para a fin de semana 11-12 de outubro

Semella que imos ter tregua nesta fin de semana e poderanse desenvolver con normalidade tanto os percorridos (Zamáns-Galiñeiro e Caurel I) como as labouras de voluntariado e de hortas. Por tal motivo hai que coller folgos e aproveitar este periodo propiamente de outono.

Percorrido Zamáns-Monte Galiñeiro 
Nesta tempada escomezamos as rutas por Vigo no Galiñeiro. Esta serra é xa unha vella coñecida dos camiñantes mais veteranos, xa que nos ten brindado moitas e boas andainas.  Pero nesta ocasión observarémola dende un punto de vista xeolóxico, tentaremos comprender como se orixinou e como se crearon as formacións que podemos atopar ao longo do camiño.
Iniciamos o percorrido no encoro de Zamáns, onde veremos como a Serra inflúe en algo tan importante para nós como o abastecemento de auga potable.  Dende Zamáns ascenderemos pouco a pouco, ata chegar os mesmos cumes da serra.  Alí poderemos ver as distintas formacións xeolóxicas que fan da Serra do Galiñeiro un lugar moi interesante, e como os elementos e o tempo esculpen as pedras ata darlles a forma e o aspecto ó que estamos afeitos.Tamén poderemos ver como o home aproveitou esta riqueza xeolóxica dende antigo e como esta riqueza pode ser o fin da Serra tal e como a coñecemos hoxe.


Percorridos polos ecosistemas de montaña: Caurel I
Esta fin de semana sae a primeira expedición para coñecer de preto o Caurel en outono. Se o tempo acompaña, que é o previsto, habera ocasión de disfroitar dun autentico paraiso natural. Só a modo de mostra, algunhas das imaxes obtidas na preparación da fin de semana pasada.


Nombre

Avisos,2,Fotos,51,Novas,132,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: Previsión de actividade para a fin de semana 11-12 de outubro
Previsión de actividade para a fin de semana 11-12 de outubro
http://2.bp.blogspot.com/-DpnbuR00OxM/VDd2ZYhc2bI/AAAAAAAAvWo/PDVzvzZ9SEc/s1600/Captura1.JPG
http://2.bp.blogspot.com/-DpnbuR00OxM/VDd2ZYhc2bI/AAAAAAAAvWo/PDVzvzZ9SEc/s72-c/Captura1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/10/prevision-de-actividade-para-fin-de.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/10/prevision-de-actividade-para-fin-de.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar