A Concelleira de
Medio Ambiente, Chus Lago ven de presentar a programación de Camiño a Camiño
para o período febreiro – xuño 2015.
Resaltar como novidade desta 9ª tempada de Camiño a Camiño, o percorrido
pola Costa Atlántica a realizar en 5 fins de semana entre os meses de marzo e
abril, así como a visita aos tres
arquipélagos das Illas Atlánticas (Cies, Ons e Sálvora) durante maio.
No tocante aos percorridos por Vigo e bisbarra
abordaranse rutas clásicas entre as que cómpre sinalar os humedais de Vigo, a
Ruta da Auga e os sendeiros locais promovidos durante o ano pasado.
O vindeiro luns 2 de febreiro, comeza a inscrición no 010
(986.810.260 para móbiles) para o primeiro percorrido da tempada.
A partir do martes 3 de febreiro retómase o traballo nas hortas
escola e o mércores 4 de febreiro, se o tempo o permite, principian as labores
de voluntariado no río Lagares e demais espazos de interese medioambiental.