O Alcalde presenta a IIª andaina polos montes de Vigo

O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, xunto cos representantes da Mancomunidade de Montes de Vigo, de Eroski Center e de El Corte Inglés, fixeron hoxe a presentación da IIª andaina polos montes de Vigo.




A IIª Andaina polos montes de Vigo consiste nun encontro dos vigueses e viguesas co entorno no que viven. Tamén busca pór en valor dun patrimonio natural e paisaxístico excepcional co que conta o municipio e que cómpre coñecer para saber darlle un uso recreativo dende o respecto e a conservación. Como non, tamén é unha invitación á realización de exercicio físico como xeito de manter hábitos saudables.




Faise en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigoque agrupa as trece comunidades de montes presentes no concello, e conta co patrocinio de Eroski Center e de El Corte Inglés que contribúen a que o evento se poida facer dun xeito máis agradable a través dos kits de avituallamento, da camiseta da proba e dun concurso fotográfico entre os participantes.

Entre todos aspírase a que máis dun millar de persoas de todas as idades "salten" aos nosos montes e realicen un dos tres percorridos propostos con distinto nivel de dificultade:
      Andaina longa (34 km): PF Vixiador - PF Monte dos Pozos. Dificultade alta
      Andaina media (21 km): PF de O Pouso (Bembrive) - PF Monte dos Pozos. Dificultade media
      Andaina curta (12 km): PF Zamáns - PF Monte dos Pozos. Dificultade baixa

A andaina toma como referencia a Senda panorámica de Vigo (GR-53) e circula por parte dos sendeiros locais promovidos pola Concellería de Medio Ambiente (o de Candeán xa rematado en 2014 e os de Bembrive-Beade e de Zamáns previstos para 2015) en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo.

Nesta ocasión o percorrido realízase integramente polo termo municipal e logra pasar por seis das 13 comunidades de montes existentes (Candeán, Cabral, Bembrive, Beade, Zamáns e Valladares). 

Funcionamento da andaina

Aqueles/as interesados en participar na IIª andaina polos montes de Vigo pódense inscribir entre o 6 e o 14 de maio tanto na Casa da Xuventude (López Mora 31) como en El Corte Inglés, sección de deportes (6º andar), en horario de mañá e tarde.

A inscrición leva asociado a aceptación do regulamento da andaina e aboar os 2 euros (1 euros para menores de 12 anos). Esta achega destinaráse a cubrir o desprazamento en Vitrasa dende a Praza do Rei ata os puntos de saída e, ao rematar, volver ao punto de partida en Praza do Rei. Deste xeito quérese evitar o emprego de vehículos particulares nun percorrido lineal, coas consabidas molestias, e, ao mesmo tempo, promover o emprego de transporte público.

Coa inscrición entregarase a tarxeta de participación e un vale para recoller entre os días 11 e 15 de maio en El Corte Inglés (sección Deportes) a camiseta conmemorativa da IIª andaina polos montes de Vigo.

O mesmo día da andaina, presentando a tarxeta de participación no control de saída establecido na Praza do Rei, entregarase un kit con material de avituallamento e promocional cortesía de Eroski. Tamén ao longo do percorrido, poderase completar o avituallamento.

Unha vez chegado ao punto de saída das distintas andainas, iniciaranse as mesmas co acompañamento de persoal de organización que encabezarán os grupos  e que se verán reforzados en diversos puntos críticos ou travesías por colaboradores das distintas comunidades de montes que  se transitan. Tamén participará a Policía Local e Protección Civil para atender os cruces perigosos ou posibles eventualidades no discorrer da actividade. En total prevése un equipo de apoio de preto de 100 persoas.

A medida que os participantes na andaina longa superan o punto de inicio da andaina media, incorporaranse os participantes nesta e, igualmente na andaina curta. Nos puntos de avituallamento non está previsto parar, agás que se precise empregar os baños químicos habilitados.

En todo caso está previsto realizar unha parada máis extensa no Parque forestal de Zamáns, onde se poderán recuperar forzas e empregar os servizos alí habilitados. A partir deste punto, todos os participantes conformarán unha serpe humana ata chegar ao Parque forestal de Monte dos Pozos. A chegada está prevista a partir das 16:30 horas, momento no que estarán dispoñibles as lanzadeiras que volverán á Praza do Rei. No momento de chegada pasarase polo control de chegada, no que se sellará a tarxeta de participación.

Precisamente coa tarxeta de chegada poderanse presentar os participantes no concurso de fotografía "Descobre Vigo dende os seus montes" promovido por El Corte Inglés, no que se establecen tres premios para categorías de "Paisaxes da andaina", "Momentos da andaina" e "Selfies".
Nombre

Avisos,2,Fotos,81,Novas,194,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: O Alcalde presenta a IIª andaina polos montes de Vigo
O Alcalde presenta a IIª andaina polos montes de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgvDAAILxxGhieb_Ahmbv5uBk-uCHv2vsiQFQcczqF0mfyU9Rg1zGM-dNyPG6_okmpkH73peER7jkxy32T8-fs4PXs8S8-Rvfn7P2uCQLrabAz0F6SzayW89KMr0itSJ0v2Ruza00WsMNw/s400/Andaina-Rolda-1.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgvDAAILxxGhieb_Ahmbv5uBk-uCHv2vsiQFQcczqF0mfyU9Rg1zGM-dNyPG6_okmpkH73peER7jkxy32T8-fs4PXs8S8-Rvfn7P2uCQLrabAz0F6SzayW89KMr0itSJ0v2Ruza00WsMNw/s72-c/Andaina-Rolda-1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2015/05/o-alcalde-presenta-ii-andaina-polos.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2015/05/o-alcalde-presenta-ii-andaina-polos.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar