Escomeza a tempada 2016 de Camiño a Camiño

Levamos varias semanas no dique seco e xa hai ganas de escomezar, verdade!. O vindeiro domingo 28 de febreiro principian os percorridos medioambientais, e ao longo desta semana tamén vai botar a andar tanto o voluntariado urbano como o voluntariado de sendeiros, evidentemente, se a climatoloxía o permite.

Percorridos medioambientais
Para empezar gradualmente, as primeiras rutas ata semana santa terán lugar en Vigo. Percorreremos as concas fluvias de Vigo: primeiro o río Lagares e logo o río Barxa e o rego do Bao.
O tramo alto do río Lagares está previsto para o domingo 28, con inicio da inscrición no 010 (986810260 para móbiles) a partir do luns 22 de febreiro. Ter presente que é previsible que estea moi enchoupado e compre levar calzado axeitado para transitar por lugares con auga e esbaradizos.

Para os participantes por primeira vez, lembrar que os percorridos en Vigo son gratuítos e que compre estar na Praza do Rei as 9:00 para comprobar lista de inscritos entregar o ticket de actividade (os que participan a primeira vez teñen que presentar DNI para comprobar identidade). A saída será aproximadamente as 9:30 cara o destino.



Voluntariado medioambiental
O voluntariado urbano escomeza o vindeiro mércores 24 de febreiro, as 10:00 no lugar habitual do Lagares (na explanada próxima ao CEIP de Balaidos). Realizarase unha primeira toma de contacto cos lugares habituais de traballo do voluntariado no Lagares para determinar que actuacións se van facer.
O sábado, se mellora a previsión a día de hoxe, a quedada terá lugar no Monte da Guía tamén para facer un percorrido polas zonas de traballo do ano pasado.

O voluntariado de sendeiros terá actividade o martes 23 de febreiro, con quedada na Pasiva as 15:45 para dirixirse cara chegar ao Parque Forestal de Beade as 16:00. O xoves, se o tempo o permite, o punto de encontro será tamén na Pasiva as 15:45 pero nesta ocasión para revisar o Sendeiro Local de Coruxo.

Cursos de formación
O 5 de marzo terán lugar os cursos de "Iniciación ao voluntariado medioambiental" e "Básico de hortas urbanas". A inscrición poderá facerse a partir do 29 de febreiro no 010.
Nombre

Avisos,2,Fotos,51,Novas,132,Programación,5,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2022: Escomeza a tempada 2016 de Camiño a Camiño
Escomeza a tempada 2016 de Camiño a Camiño
https://4.bp.blogspot.com/-v7YwZew7rqA/VsoKnyNFj_I/AAAAAAABDmg/9ju1vWE3wTk/s320/Lagares%2Balto-7.jpg
https://4.bp.blogspot.com/-v7YwZew7rqA/VsoKnyNFj_I/AAAAAAABDmg/9ju1vWE3wTk/s72-c/Lagares%2Balto-7.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2022
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/02/escomeza-tempada-2016-de-camino-camino.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2016/02/escomeza-tempada-2016-de-camino-camino.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar