Despois do descanso de semana santa máis un día extra de Reconquista, o Camiño a Camiño retoma a programación con cursos, voluntariado e percorridos medioambientais.
Curso de "Alimentación saudable no almorzo, xantar e cea"
Terá lugar o mércores 30 de marzo, as 17:00, nas instalacións do Mercado do Progreso (Rúa Progreso 28).
Ter presente que a inscrición iníciase no 010 (986810260 para móbil) o martes 29 e dura ata o mércores 30 pola mañá.
Voluntariado medioambiental
Dada a mala previsión que dan para o martes 29 e mércores 30, iniciarase a partir do xoves coa seguinte programación:
- Voluntariado Sendeiros. Xoves 30, 16h no Parque Forestal de Beade (punto de encontro as 15:45 na Pasiva)
- Voluntariado Sendeiros - sesión extraordinaria. Venres 31, 16h no Parque do Maruxento (Matamá) (punto de encontro as 15:45 na Pasiva). Acción de limpeza do Sendeiro de Matamá-Comesaña previa ao percorrido do domingo.
- Voluntariado urbano. Sábado 1 abril, 9:30 no Aparcadoiro do Monte da Guía.
Percorridos medioambientais: Sendeiro local de Matamá-Comesaña
Principiamos a tempada de primavera cos percorridos polos Montes de Vigo e polas serras da bisbarra de Vigo. Neste primeiro domingo de abril, faremos o sendeiro local de Matamá-Comesaña. Dada a intensidade do percorrido, nesta ocasión separaremos un tramo longo e outro curto, con niveis de dificultade distintos. Arrancaremos do Parque Forestal de Aguiera, en Comesaña, e no mediado do trazado aproximadamente separaranse o percorrido curto do longo.
Lembrar que a inscrición no 010 (986810260 para móbil) principia o martes 29, dada a festividade do luns.