Estamos as portas de Semana Santa, semella que nos acompaña bo tempo e a programación de Camiño a Camiño diversifica as súas actividades con Voluntariado nas Illas Cíes, con Curso de Viticultura, coas plantacións nas Hortas urbanas e, como non, co último percorrido polas concas fluviais de Vigo.
Voluntariado medioambiental nas Illas Cíes
Como dicíamos na entrada da semana pasada, ata o martes 15 hai prazo para solicitar praza para participar no voluntariado nas Illas Cíes (premer aquí para descargar a ficha e máis información).
As quendas son:
Quenda A: do 19 ao 22 de marzo (ata 50 prazas)
Quenda B: do 24 ao 27 de marzo (ata 50 prazas)
Curso de Viticultura
Este sábado 19, as 11h terá lugar a segunda quenda do "Curso de Viticultura: aprender a diferenciar os nosos viños". No curso danse a coñecer as distintas zonas de cultivo vinícola de Galicia e as denominacións de orixe asociadas. No transcurso do mesmo realizaranse catas dos distintos tipos de viño a cargo dun sumiller titulado, permitindo así apreciar a un nivel iniciación as características diferenciais dos mesmos e coñecer o mellor xeito de gozalos
Para inscribirse chamar ao 010 (dende móbil: 986 81 02 60) ata o mércores, de 8:00 a 20:00. O lugar de realización será nos locais da Asociación Veciñal do Casco Vello, Rúa Oliva 12, Soto.
Hortas urbanas
A actividade de semilleiros prosegue e co calor que ven intensificanse os esforzos para coidar e regar o xa plantado.
Nesta semana incorporanse os/as novos/as participantes nos cursos realizados, renovandose así tamén a sabia nos grupos de cada unha das hortas. Destacar que se incorpora un grupo pertencente a Down Vigo en Sardomela.
Ruta polo Rego do Bao
O domingo 20 terá lugar o último percorrido polos ríos do concello, nesto caso achegándonos ao Rego do Bao. Contemplaremos as nacentes nos montes de Coruxo, o seu percorrer e as súas fontes, para desembocar na praia de Serral, xunta á ponte de Toralla. Antes da desembocadura atoparémonos un dos humidais mais extensos do concello, cunha riqueza e valores ecolóxicos excepcionais.