O percorrido deste pasado domingo polo Sendeiro local de Matamá-Comesaña foi unha experiencia curiosa pois a pesar de amenazar con choiva forte antes de principiar, durante o percorrido mantívose bastante o tempo agás nalgún momento de intenso chaparrón. Poidéronse ver fenómenos atmosféricos dende o Castro de Casás que dificilmente se observan e que quedan recollidos na pequena reportaxe fotográfica que se achega (premer aqui). En todo caso o grupo empezou con moito ánimo como se comproba na seguinte foto.
Percorrido por Faro Budiño
Esta semana escomenzamos cos percorridos por montes e serras da bisbarra de Vigo e, particularmente, co Faro Budiño en O Porriño. Escomenzaremos no sendeiro PR-G 132 Roteiro polos montes de San Cibrán, onde atoparemos unhas fervenzas impresionantes e logo os muíños de Couso recentemente restaurados. Posteriormente subiremos ao castelo de Cans, antiga fortaleza medieval e cun miradoiro moi interesante. Dende ahí xa non encararemos a Faro Budiño, dende onde poderemos ver a Serra do Galiñeiro, o Monte Aloia, etc.
Curso "Viticultura en Galicia: aprender a diferenciar os nosos viños"
Este sábado 9 de abril, as 11h terá lugar a segunda quenda do "Curso de Viticultura: aprender a diferenciar os nosos viños". No curso danse a coñecer as distintas zonas de cultivo vinícola de Galicia e as denominacións de orixe asociadas. No transcurso do mesmo realizaranse catas dos distintos tipos de viño a cargo dun sumiller titulado, permitindo así apreciar a un nivel iniciación as características diferenciais dos mesmos e coñecer o mellor xeito de gozalos
Para inscribirse chamar ao 010 (dende móbil: 986 81 02 60) ata o mércores, de 8:00 a 20:00. O lugar de realización será nos locais da Asociación Veciñal do Casco Vello, Rúa Oliva 12, Soto
Curso "Alimentación saudable"
Este curso previsto para o mércores 6 de abril está cancelado por motivos organizativos ata novo aviso