Co percorrido deste domingo arrancaron as visitas aos entornos dalgúns dos mosteiros románicos máis salientables de Pontevedra e Ourense. Sen lugar a dúbidas, o día non poido presentarse mellor e a experiencia pouco menos que foi divina: luz, auga, son de paxaros e unhas ribeiras dos ríos San Martiño e Armenteira de autenticidade.
Tamén estivo interesante a primeira aproximación ao románico nun dos mosteiros que mellor recolle o aillamento e o intento dos monxes cistercenses de crear a "cidade de Deus".
No album de fotos subido (premer aqui) pódese comprobar como se saboreu un día intenso pero inolvidable. Como sempre, algunhas mostras de seguido: