A Concellería de Medio Ambiente a través do programa Camiño a Camiño ten previsto para o 3-4 de xuño unha Ruta por Galicia que percorrerrá novos espazos dos Ancares ata agora non visitados.
O sábado farase un percorrido circular por Donis, visitando o Castelo e esta parroquia de Cervantes de onde dín que é orixinario Miguel de Cervantes. O domingo irase ata Puerto Ancares e ascenderase ata Miravalles, un lugar dende onde se gozará unha vista panorámica increíble que acada Picos de Europa, Ponferrada e outros moitos lugares.
A preinscrición principia este luns 22 de maio no 010, tendo que pasar posteriormente por Casa da Xuventude (López Mora 31) ata o xoves 25 para entregar cuberta a ficha correspondente (premer aqui) e facer 45 euros de achega (os restantes 20 euros o día da saída).
Como en edicións pasadas, o aloxamento terá lugar na Cantina Mustallar e no Hotel Piornedo tendo que indicar a preferencia no tocante a compartir habitacións.