O vindeiro domingo 7 de maio a Concellería de Medio Ambiente organiza o último percorrido polo románico, abordando o Románico de Vigo. Conectaránse as tres igrexas románicas de Vigo: Coruxo, Castrelos e Bembrive.
Trátase dun percorrido de 13,5 km con moi pouco desnivel e fácil camiñar. Dende a igrexa de San Salvador de Coruxo iremos a conectar coa senda azul do río Lagares e circularemos por ela ata Castrelos, onde nos desviaremos para achegarnos á igrexa de Santa María de Castrelos, que neste ano celebra precisamente os 800 anos da súa construción. Posteriormente, encarando cara o río Eifonso, dirixirémonos ata a igrexa de Santiago de Bembrive.
AVISO IMPORTANTE: Por motivo da celebración do día da nai e da lonxitude do trazado, modifícase a hora de quedada prevista inicialmente. Será as 8:00 na Praza do Rei para saír as 8:30. Deste xeito a ver se logramos estar as 14:00 de volta.