A IV Andaina polos montes de Vigo foi presentada no Concello de Vigo


Este venres, a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou a IV Andaina polos Montes de Vigo, xunto aos responsables de Montes de Vigo, entidade colaboradora, e de El Corte Inglés e Eroski-Center, como patrocinadores. Esta proposta, que forma parte do programa municipal de educación medioambiental Camiño a Camiño, terá lugar o domingo 28 de maio.

A edil salientou que a nova edición da Andaina pretende ser unha "xornada de encontro cidadá" para "poñer en valor o noso patrimonio natural e paisaxístico", ademais de para "fomentar hábitos de vida saudables e a práctica de exercicio físico".

Lago definiu como "para todos os públicos" o percorrido deste ano, que chega aos 40 quilómetros para os participantes máis preparados. A ruta parte de VigoZoo e pasa polos montes de Candeán, Cabral, Bembrive, Beade, Valladares e Zamáns. A Andaina divídese en varios tramos de distintas lonxitudes para adaptarse a todos os públicos. 



Esta proposta presenta algunhas novidades este ano. O goberno de Vigo emprazará na zona de comida, en Beade, un punto de escalada e unha tirolina, ademais de facer a Andaina accesible cunha ruta adaptada e tres cadeiras ao efecto.

Chus Lago destacou na presentación que se despregará un dispositivo de cen persoas ao longo dos 40 quiómetros do percorrido, composto por axentes da Policía Local, Protección Civil, voluntarios da Comunidade de Montes, médicos, socorristas... "Pretendemos que sexa unha actividade deportiva e lúdica no que a xente se sinta acompañada e poña en valor o noso patrimonio", concluíu a concelleira.

O evento faise en colaboración con Montes de Vigo, asociación que agrupa as trece comunidades de montes presentes no Concello de Vigo, e conta co patrocinio de Eroski-Center e de El Corte Inglés, que contribúen a que o evento se poida facer dun xeito máis agradable a través dos kits de avituallamento e da camiseta da proba.

Nesta IVª edición da andaina vaise propor á cidadanía viguesa achegarse a unha parte do Sendeiro panorámico de Vigo (GR-53), que atravesa a maioría dos parques forestais da cidade, así como a unha parte dos sendeiros locais trazados polos montes, en particular os sendeiros de Candeán, de Cabral e de Bembrive-Beade.


Máis información sobre a IVª Andaina polos Montes de Vigo no blog da andaina (premer)
Nombre

Avisos,3,Fotos,84,Novas,200,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: A IV Andaina polos montes de Vigo foi presentada no Concello de Vigo
A IV Andaina polos montes de Vigo foi presentada no Concello de Vigo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhGuhe-lPdv8P8gzV6OVC2Leqr0RnrNYXpQzg6LsYxgC4qgQTHXacuv8XTUcWQXnJpaXYsDfPycz9mOwnHn_q8p79PSvvfiPloli0Agf-wkLQSSJjAK53K5AmD5Sz4R0l8NpQpXTmRiGdB3/s320/Andaina17-RoldaPrensa-11.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhGuhe-lPdv8P8gzV6OVC2Leqr0RnrNYXpQzg6LsYxgC4qgQTHXacuv8XTUcWQXnJpaXYsDfPycz9mOwnHn_q8p79PSvvfiPloli0Agf-wkLQSSJjAK53K5AmD5Sz4R0l8NpQpXTmRiGdB3/s72-c/Andaina17-RoldaPrensa-11.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2017/05/andaina2017presentacion.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2017/05/andaina2017presentacion.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar