A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vigo ven de dar a coñecer a programación de Camiño a Camiño para o outono de 2017.
Nela recollense os percorridos medioambientais previstos, o calendario das hortas urbanas e dos cursos, así como aquela outra información de interese para os/as participantes e a cidadanía en xeral.
No apartado PROGRAMA (premer) atópase o detalle da programación, sendo a primeira ruta o domingo 8 de outubro e os cursos de hortas ou ben o sábado 14 de outubro ou ben o xoves 19 de outubro. As inscricións para estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dede móbil)
Destacan nos percorridos desta tempada os previstos pola Costa Atlántica, así como as Senda panorámica de Vigo (GR-53), que o voluntariado de sendeiros está revisando para que estea en perfecto estado. Como novidade, incorpórase a participación de persoas con mobilidade reducida a través do Servizo municipal de montes accesibles (contactar co 630619584)
Xunto cos cursos de hortas habituais, tamén está previsto un Curso de iniciación ao voluntariado a celebrar o sábado 14 de outubro en Vigozoo.
As hortas urbanas prosiguen coa súa actividade en horario de inverno. Apartir de outubro principia a inscrición ao 2º nivel para as persoas interesadas.