
Dende o 4 de outubro, Vegalsa-Eroski xunto co grupo de investigación de Bioquímica de Alimentos do Instituto de Investigaciones Marinas, e coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente, promoven unha iniciativa denominada "Darlle valor ao peixe".
Consiste en talleres dirixidos a alumnado de 4º a 6º de primaria que se levaran a cabo no Mercado de O Progreso durante o mes de outubro. Contará coa presenza do chef Pepe Solla.
O obxectivo é promover unha alimentación saudable e segura empregando especies de pescado que habitualmente se descartan ou non se lles dá valor, así como introducir aos participantes en cuestións básicas relacionadas coa calidade do pescado e o etiquetado de produtos da pesca frescos, conxelados e envasados.
Para desenvolver estas actividades, haberá unha visita á pescadería do supermercado Familia, de Vegalsa-Eroski, emplazado no Mercado do Progreso, para posteriormente trasladarse á cociña do propio mercado.