Unha semana máis de seca, que complica as reservas de auga de Vigo, pero que permite que as actuacións de prevención de fortes escorrentías nas ladeiras dos montes queimados poida ser levada a cabo por parte do Voluntariado de Camiño a Camiño. Traballouse en Comesaña, Coruxo e Valladares, finalizando así a primeira fase de reparto de palla.
Na vindeira semana arranca a fase de conservación de hábitats de especial interese ecolóxico coordinada por técnicos da Concellería de Medio Ambiente e en colaboración coas Comunidades de montes.
A modo de colofón desta primeira fase, unha serie de fotos antes, durante e despois da actuación a carón da capela do Alba.