Camiño a Camiño escomenza co Sendeiro Panorámico de Vigo (GR-53) dende Vigozoo


A Concellería de Medio Ambiente de Vigo, dentro do progama Camiño a Camiño, propón para este mes de marzo percorridos pola Senda Panorámica de Vigo (GR-53), un bonito tránsito pola maioría dos montes periurbanos da cidade onde se sitúan a maioría das 13 comunidades de montes do concello. 

Trátase de percorridos de arredor de 10km, de dificultade baixa (aptos para todos os públicos), e que permitirán comprobar os contrastes do monte en estado natural (primeiras dúas etapas) e o monte queimado despois da vaga de lumes de outubro de 2017. Se o día acompaña, poderanse contemplar estampas fermosas do monte en inverno e moitas curiosidades ecolóxicas e patrimoniais que encerran. 

Na primeira etapa, que sae de Vigozoo, atravesaranse os montes de Candeán e de Cabral, pasando polo Parque Forestal do Vixiador, polos parques forestais de Bandeira e de Baladas, ata chegar ao Parque Forestal de Cotogrande.

Lembrar que a inscrición faise telefónicamente no 010 (986 81 02 60 dende móbil) de luns a mércores para empadroados en horario de 8:00 a 20:00. O xoves pódense anotar non empadroados.

O domingo é preciso estar as 9:00 na Praza do Rei para facer o proceso de recollida do ticket, que nesta ocasión é gratuíto. As 9:30 pártese cara o punto de inicio en Vigozoo. Estímase que sobre as 14:00 estarase de volta en Praza do Rei.

Dado que a previsión é de choiva, recoméndase levar botas de camiñar que agarren ben, bastóns para evitar caídas e capa ou chuvasqueiro que evite coller unha boa molladura




Nombre

Avisos,3,Fotos,84,Novas,200,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Camiño a Camiño escomenza co Sendeiro Panorámico de Vigo (GR-53) dende Vigozoo
Camiño a Camiño escomenza co Sendeiro Panorámico de Vigo (GR-53) dende Vigozoo
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiK_RSgFPtY5IEMhddihBJCgdjulbZjSNLa977-bf6Vs7uWHUOtu1tCtGHUfLZu10QdV-SOQ_l1zCdTkXMd3OucB9ttoQtlTIo5f40RYqw_VOqKh8BjnJBp8gJ7_-GfiITmZ-BtNVck8kOT/s640/GR53-1+Trazado.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiK_RSgFPtY5IEMhddihBJCgdjulbZjSNLa977-bf6Vs7uWHUOtu1tCtGHUfLZu10QdV-SOQ_l1zCdTkXMd3OucB9ttoQtlTIo5f40RYqw_VOqKh8BjnJBp8gJ7_-GfiITmZ-BtNVck8kOT/s72-c/GR53-1+Trazado.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/02/percorrido-GR53-Etapa1-2018.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/02/percorrido-GR53-Etapa1-2018.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar