Pendentes de que se publique a final de mes a programación xeral de Camiño a Camiño da Concellería de Medio Ambiente de Vigo para o primeiro semestre de 2018, ao longo do mes de febreiro arranca o proxecto de Voluntariado con dúas accións:
- Voluntariado nos montes. A primeira actuación terá lugar o sábado 10 de febreiro, as 10:00, nos Montes de Comesaña. Farase unha actuación sobre plantas invasoras ("plumachos") na zona queimada ao carón da antiga incineradora do Zondal (ver localización).
A partir de ahí, cada semana faranse actuacións os martes e xoves pola tarde e os sábados pola mañá, segundo o calendario semanal que se publicará neste blog
- Voluntariado de hortas. A partir do martes 6 de febreiro, en cada unha das hortas, e nos horarios habituais, empezarase a realizar labouras de acondicionamento e de sementeira. Estas tarefas terán lugar durante todo o mes de febreiro, para logo, a partir de marzo, empezar a dinámica de horta-escola habitual.
Para facilitar a comunicación, ponse a disposición dos/das participantes o correo electrónico info@caminoacaminovigo.org e o teléfono de atención 662 23 10 23, que tamén funcionará con Whatsapp.