Nesta semana do 12 ao 18 de marzo prosiguen as actividades de Camiño a Camiño con Curso de Hortas urbanas, Voluntariado, actividade nas Hortas-escola e Percorrido mediambientais.
Curso básico de Hortas urbanas (xoves 15 marzo, 16:30-19:30, Vigozoo)
A Concellería de Medio Ambiente ten programado para este sábado o segundo Curso básico de hortas urbanas (5 euros). Este curso habilita para participar nas hortas-escola do Concello de Vigo
Voluntariado medioambiental (martes, xoves e sábado)
Nesta semana, se o tempo o permite , proseguirase o martes e o xoves co marcado do GR-53 en distintos tramos no entorno do Monte Alba. De non poder pintar, farase recorrido de recoñecemento de sendeiros locais afectados polo lume.
O punto de quedada será a Pasiva (ver localización) ás 15:45 para desprazarse ao lugar de pintado ou de receñocemento. Tamén se pode aparecer as 16:15 na fonte de subida ao Alba (martes) ou no Sanatorio do Alba (xoves)
O sábado, tamén se o tempo o permite, faranse labouras de limpeza nas Covas do Folón (Coruxo). O lugar de quedada será no Parque Forestal de Aguieira (Comesaña) (ver localización) as 10:00, ou quen queira, na Pasiva ás 9:30. No caso de choiva, suspenderase a actividade.
Os/as participantes no curso de iniciación ao voluntariado realizado este pasado sábado serán contactados en función das opcións escollidas.
Hortas urbanas (toda a semana)
Arranca a tempada de hortas cos preparativos dos espazos e asignación dos bancais. Tamén se seguirá mantendo os alcoubes plantados polo voluntariado de hortas e, ao longo do mes, incorporaranse os/as novos/as participantes procedentes dos cursos que se celebrou o sábado 10 de marzo ou ben os que o celbreo o xoves 15 de marzo (ver programa cursos)
Os horarios das distintas hortas están dispoñibles na solapa de hortas (premer)
Percorridos medioambientais (domingo 18 marzo)
Esta semana realizarase a terceira etapa entre o Parque Forestal de Zamáns e o Monte Alba, realizando unha parte da variante do GR53-2 na falda do Galiñeiro. Son en total de 9,8 km, con certa pendente ao baixar do Galiñeiro e logo subida para coronar o monte Alba.. Introducirémonos na lingua dos montes queimados que entrou por Zamáns e devorou case a totalidade dos montes de Valladares. Tamén teremos ocasión de ver o alcance dos incendios dende o Monte Alba.
Lembrar que a inscrición para este percorrido realizase para os empadroados dende o luns ao mércores no 010 (986 810260 dende móbil), e o xoves para os non empadroados.