Segunda semana de abril con Conferencia en Vigozoo, paseo por Bembrive e percorrido por Pena Corneira


A programación de Camiño a Camiño da Concellería de Medioambiente de Vigo entra en calor, anque o tempo vaia un pouco máis lento. Nesta segunda semana de abril contará cun amplo programa no que combina unha conferencia, con dous percorridos, voluntariado (ver avisos) e hortas urbanas, que nesta semana se asignarán os bancais aos participantes.

Conferencia en Vigozoo "O que ninguén me dixo antes de ter un can" (xoves 12, 19h)
Como se indicou na entrada do 7 de abril (premer), nesta conferencia Juan Freire Rodríguez (director de Ramalladas) abordará un tema de absoluta actualidade: que criterios hai que ter para adquirir un can como mascota

Paseos polos montes de Vigo: o Parque botánico "Arco da Vella" (Bembrive)
Seguindo cos paseos propostos pola Concellería de Medio Ambiente e a Mancomunidade de Montes de Vigo de cara a coñecer as riquezas medioambientais, paisaxísticas e patrimoniais existentes nos montes de Vigo, nesta ocasión toca achegarse a unha das xoias da coroa: o Parque botánico "Arco da Vella" a carón do río Eifonso nos montes de Bembrive.

Punto de encontro: Capela dos Ramallos ou de San Cibrao (localización en Google Maps
Hora de quedada: 16:30. Duración aproximada: 2:30 horas
Público destinatario: familias con menores, persoas interesadas no coñecemento dos montes de Vigo.
Temas a abordar: flora e fauna dun bosque de ribeira (ver paneis), patrimonio, o río Eifonso, etc

Inscrición gratuíta de luns a venres a medio día no 010 (986 81 02 60 dende móbil) ou no apartado Inscricións do blog de montes de Vigo (premer aqui)
Máis información: montesdevigo.servizos@gmail.com ou no 662 23 10 23.

Sendas a carón dos monumentos naturais en pedra: Pena Corneira (Leiro)
Esta segunda senda permitiranos achegar a Pena Corneira (concello de Leiro), declarada monumento natural e considerado o "menhir do Ribeiro", dada a espectacularidade da pedra de máis de 10 metros que se pode contemplar na cima da montaña. Tamén son chamativos os bolos e as distintas formas das rochas que nos imos atopar.

Lembrar que o horario da actividade é: convocatoria as 8:00 na Praza do Rei e saída as 8:30. Nesta ocasión agárdase poder chegar pasadas as 15:00. Tamén lembrar a importancia de levar boas botas, bastóns e roupa e calzado de reposto por se chove (deixamolo no autobús)

A inscrición farase ata o mércores -non empadroados, o xoves- no 010 (986 81 02 60 dende móbil) e o pago da achega de 3 euros ata o venres as 13:00 a través da Sede Electrónica (aquí) ou recollendo os impresos de pago nas oficinas da Concellería de Medio Ambiente (2º andar, de 9 a 14h ata o xoves). Máis información do proceso de pago na seguinte guía de uso.

As características do percorrido recóllense de seguido:



Nombre

Avisos,3,Fotos,89,Novas,209,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Segunda semana de abril con Conferencia en Vigozoo, paseo por Bembrive e percorrido por Pena Corneira
Segunda semana de abril con Conferencia en Vigozoo, paseo por Bembrive e percorrido por Pena Corneira
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgQ4Hog0AfcTwtj28znMDA8sH56MhNeRnvESe6dqLn3jWvYMgSP3WVr2KAVA7C1ByXJJz5JNkdHEQyj_SNk7DKo46A2VgmxTNPwFhrpbr_cCd2xMgdnx1-KS3tuYtH9oVvKN2o2ORL0L4xk/s320/Pena+Corneira.jpg
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgQ4Hog0AfcTwtj28znMDA8sH56MhNeRnvESe6dqLn3jWvYMgSP3WVr2KAVA7C1ByXJJz5JNkdHEQyj_SNk7DKo46A2VgmxTNPwFhrpbr_cCd2xMgdnx1-KS3tuYtH9oVvKN2o2ORL0L4xk/s72-c/Pena+Corneira.jpg
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/04/segunda-semana-de-abril-2018.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2018/04/segunda-semana-de-abril-2018.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar