Este domingo tivemos a oportunidade de ver as Illas Cíes doutro xeito: contemplando a súa xeoloxía entre néboa. Toda unha experiencia comprobar como o que vemos neste fermoso paraxe do Concello de Vigo é unha casualidade con moitos miles de anos de historia.
Algunhas instantáneas quedan recollidas no album de fotos da visita (premer)
Nesta ocasión o Alcalde, Abel Caballero, achegouse a despedir ao grupo de case 400 visitantes e animar a conservar un espazo natural que se está promovendo que sexa declarado Patrimonio da humanidade.